A familia da pontevedresa Sonia Iglesias non perde a esperanza de atopala con vida
PONTEVEDRA> A portavoz da familia compareceu ante os medios de comunicación para transmitir unhas palabras de agradecemento a todos os que están colaborando na investigación. Isabel Martínez cofensou que non perden a esperanza de atopala con vida e confían na labor que está realizando a Policía Nacional. Ademais, unhas 3.000 persoas asistiron á manifestación, que se celebrou, tras quince días sen ter novas de Sonia, por diferentes rúas de Pontevedra.
CAMBADOS> Levarase a cabo ata o 2014, para mellorar as zonas de marisqueo da ría de Arousa. Os conselleiros de Medio Ambiente e Mar, presentaron o sábado, as 13 actuacións que se van levar a cabo nesta zona.
PONTEVEDRA> O Plan, posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, ten como novidade a implantación de colectores de papel-cartón e vidro. O obxectivo é que a cidadanía recicle.
POIO> Entre xullo e agosto os cativos interesados en practicar remo, vela ou piragüismo poderán anotarse nestas actividades. O único requisito: saber nadar.
PONTEVEDRA> A cuarta edición das Xornadas sobre Institutos Históricos tivo lugar entre os días 5 e 8 de xullo no Auditorio do Instituto Sánchez Cantón, en Pontevedra.
VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.