Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

Primeiro atropelo do ano en Vilagarcía 

VILAGARCÍA > O accidente tivo lugar o venres á noite na Avenida Rosalía de Castro de Carril.

Un turismo Ford Focus arrolaba a un mozo de 16 anos cando cruzaba por un paso de peóns. O rapaz resultou ferido leve cunha fractura de tibia.

  

 + máis

 
O mellor prato de centolo de O Grove
O GROVE > O Restaurante Beiramar de O Grove foi o gañador do concurso de pratos de cociña organizado dentro da Festa do Centolo. O seu propietario recibiu a placa conmemorativa de mans do alcalde meco, que deu a coñecer tamén os gañadores do sorteo de dúas fins de semana no hotel Hesperia.
máis ...
 
Os valeiros do Ulla comezaron a campaña da lamprea

PONTECESURES> Chámanlle a princesa do Ulla, non se trata de ningunha persoa senón dun prezado peixe. Durante estes días quince embarcacións traballaran duro para conseguir o máximo de lampreas posibles. Teñen que darse presa xa que  a lamprea adulta volve os leitos  dos ríos só para desovar, unha vez feita a reproducción vai perdendo peso ata que chega a morte do animal.

máis ...
 
Un mes de tenacidade á intemperie

O GROVE > Segue a incerteza entre as traballadoras de Marsac. A vindeira semana deberían incorporarse ó seu posto de traballo na factoría de Porto Meloxo para completar os pedidos de mexillón. Pero a día de hoxe aínda non teñen comunicación algunha por parte da empresa. Esta mañá o piquete que se mantén ás portas da fábrica recibiu a visita do secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia, Xan María Castro.

máis ...
 
A corporación rianxeira aproba definitivamente os presupostos para o ano 2006

RIANXO > A corporación municipal de Rianxo celebrou este martes pola noite un pleno ordinario no trascurso do cal se aprobaron de xeito definitivo os orzamentos xerais do concello para o vindeiro ano que ascenden a case 5,8 millóns de euros. O proxecto económico recibiu o apoio do PSOE e do grupo mixto, mentres que os populares se abstiveron e os nacionalistas votaron en contra.

máis ...
 
Preocupación entre os comerciantes que fan descontos antes das rebaixas

SALNÉS > Os pequenos comerciantes da comarca están a amosar a súa preocupación pola incipiente tendencia a facer descontos antes da época de rebaixas en determinados comercios. Os presidentes de Zona Aberta de Vilagarcía e de Zona Centro de Cambados fan un chamamento a estes comerciantes para que agarden a poñer as rebaixas a canda o resto.

máis ...
 
Soar inaugura o campo de festas e o parque infantil

MORAÑA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inaugura o sábado o novo campo de festas de Soar, na parroquia morañesa de San Lourenzo. Coa colaboración do organismo provincial e do grupo municipal do PP, a Comunidade de Montes conseguiu 72.000 euros para mellorar este espacio e dotar á parroquia dun parque infantil.

máis ...
 
Maceiras presenta na Xunta o proxecto do Centro para discapacitados

POBRA > O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, reuniuse esta mañá co vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Igualdade e Benestar Social, Anxo Quintana. No transcurso da xuntanza, Maceiras expúxolle ó representante autonómico as principais características do proxecto do Centro para a Integración de Menores con Discapacidade. Este servizo, de carácter pioneiro en toda a comarca, prestará servizo a rapaces procedentes de tódolos municipios barbanzáns.

máis ...
 
Os concellos do Barbanza reciben ás súas Maxestades

BARBANZA > As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán a Ribeira en barco. A saída da cabalgata será ás cinco e media da tarde dende a zona do Malecón. No resto da comarca sinalar que a cabalgata da Pobra do Caramiñal terá a súa saída ás seis da tarde, mentres que en Boiro e Rianxo será media hora máis tarde, ás seis e media.

máis ...
 
O INTECMAR asegura que algunhas das reivindicacións non son viables

VILAXOÁN > Ás queixas e peticións destes mariñeiros contestou o director do INTECMAR, Xosé Manuel Romarís, quen asegurou compartir a preocupación dos afectados. Neste sentido, Romarís remitiuse a unha serie de axudas que serán outorgadas pola Consellería de Pesca e que previsiblemente sairán publicadas no DOGA o mércores.

máis ...
 
Dúas novas vítimas mortais na vía rápida do Barbanza

BARBANZA > O inicio de 2006 na vía autonómica do Barbanza non puido ser peor con dúas novas vítimas mortais no segundo día do ano. O sinistro tivo lugar á altura do municipio de Rianxo, nun tramo de vía moi perigoso, e saldouse co falecemento dos dous conductores implicados. A semana pasada rexistrouse outra morte na estrada, á altura de Boiro, que veu pechar o balance anual máis nefasto desta vía cun total de doce mortos ó longo do 2005.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 Seguinte > Fin >>

Resultados 3763 - 3780 de 4206


Felicies Festas
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

unidad_mobil_recortada_100.jpg

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol250_020109.jpgSALNÉS > Tralo parón de Nadal, volve o futbol en Terceira División, cun partido adiantado á xornada do sábado, o que disputará o Arousa no difícil campo do Cerceda. O resto de encontros quedarán para o domingo incluidos os de Portonovo, Céltiga e Vilalonga.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg