Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
O alcalde de O Grove visita as instalacións do Obradoiro de Emprego

O GROVE > Esta mañá o alcalde de O Grove visitaba as instalacións do Obradoiro de Emprego Monte das Flores. Tanto o dirixente meco como os representantes do goberno municipal puideron asistir a unha clase de albanelería, fontanería e cantería, ademais de coñecer como se está a desenvolver a obra dunha nova fonte que lucira pronto na cidade.

máis ...
 
O vindeiro luns ábrese a mesa de negociacións de MARSAC na Xunta

O GROVE >Continúan as manifestacións das traballadoras da empresa Afageme as portas das instalacións de O Grove. Hoxe as delegadas sindicais nos comunicaban que o vindeiro luns as doce do mediodía reuniranse xunto co concello, e a empresa,  coas diferentes Consellererías en Santiago. Ata entón continuaran en pé de guerra.

máis ...
 
Gran interese en Boiro polas vivendas sociais
BOIRO > Unhas 31 familias do municipio optan a facerse cunha das vivendas sociais que aínda están pendentes de adxudicar en Escarabote. O proceso selectivo, que está en marcha, podería estar rematado a primeiros de ano.
máis ...
 
Un adolescente meco falece ó arroxarse dende o alto dunha canteira

O GROVE> Un rapaz de quince anos de idade arroxouse dende unha antiga canteira no Concello de O Grove. Nas inmediacións do lugar do suceso atopouse a bicicleta e unha mochila que contiña unha carta despedíndose da familia e amigos. Supostamente a vida deste neno era completamente normal polo que ninguén se explica o sucedido.

máis ...
 
Ribeira presenta a súa programación de Nadal

RIBEIRA > O departamento de Cultura e Festexos do concello de Ribeira ten preparado un variado e amplo programa de actos de cara ás Festas do Nadal, coa intención de cubri-las necesidades de tódolos públicos. O responsable da área, Luciano Fernández, explicou os detalles desta programación.

máis ...
 
As obras da fachada marítima da Pobra estarán rematadas antes de finais de ano
POBRA > O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, informou da boa marcha dos traballos de mellora da fachada marítima que se están a desenvolver na localidade e que son realizados pola empresa Indeza cun presuposto superior ós 462 mil euros. O rexedor pobrés confía en que as obras, que van moi adiantadas, estean rematadas antes de fin de ano.
máis ...
 
O Pleno de Sanxenxo ratificará actuacións urbanísticas aprobadas pola alcaldía

SANXENXO > O goberno municipal de Sanxenxo decidiu levar a pleno a ratificación da aprobación definitiva de trece solos urbanizables e dous PEI. A tramitación xa pasou antes pola alcaldía e pola Xunta de Goberno Local pero existe ambigüidade sobre a quen compete esta materia. Unha decisión que xa espertou as críticas do BNG.  

máis ...
 
Pais e docentes da Illa defenden a familia como axente preventivo

ILLA DE AROUSA > Estar alerta e implicarse na prevención do consumo de drogas, foron as mensaxes que se puideron escoitar onte no Outono Preventivo da Illa de Arousa. Nesta ocasión reuníronse nunha mesa redonda docentes e ANPAS do colexio e do instituto, do SPAD de Vilagarcía e de Illaeduca para defender a familia como axente preventivo.

máis ...
 
Caixanova renova o patrocinio das categorías inferiores do Pontevedra CF

PONTEVEDRA > O Pontevedra Club de Fúbtol segue recollendo colaboracións de diversas entidades. Logo de asinar o convenio con Ence o xoves facíao con Caixanova. A entidade financeira destina a mesma cantidade que na pasada tempada, pese a que o club baixou de categoría. O financiamento de Caixanova destinarase sobre todo a manter o patrocinio das categorías inferiores do Pontevedra.

máis ...
 
Ribadumia organiza unha festa infantil de Fin de Ano

RIBADUMIA > Os nenos de Ribadumia terán actividades practicamente tódolos días do Nadal. O concello deu a coñecer o xoves o programa que inclúe talleres e obradoiros, teatro, maxia e concertos. Como novidades, destaca unha festa infantil de fin de ano e a cabalgata de Reis, que este ano se fará no entorno da casa consistorial.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Fin >>

Resultados 3799 - 3816 de 4119


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg