Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
A ampliación do Centro Sociocultural de Carril proposta para o POL

VILAGARCÍA > Vilagarcía deu a coñecer as obras que o Goberno municipal acordou solicitar para a inclusión no Plan Provincial de Cooperación e no Plan Operativo Local 2.006. No primeiro proponse a pavimentación de varios camiños das parroquias vilagarciáns. No segundo plan incluíuse  ampliación do Centro Sociocultural de Carril  e a mellora da rede de saneamento de Arzobispo Gelmírez como obra complementaria.

máis ...
 
Rianxo presenta un plan pioneiro na comarca de accesibilidade
RIANXO > Este venres presentábase en Rianxo o Plan Municipal Integral de Accesibilidade, unha iniciativa pioneira na comarca do Barbanza e financiada a través dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Traballo e Servizos Sociais, a Fundación ONCE e o propio concello rianxeiro. Os obxectivos do Plan non son outros que diagnostica-lo estado e o tratamento da accesibilidade no municipio co fin de elimina-las barreiras existentes en urbanismo, edificación e transporte e así facilita-la accesibilidade a tódalas persoas con algún tipo de discapacidade.
máis ...
 
Arousa Norte recibe un vehículo con radar e alcolímetro

BARBANZA > As Policías Locais de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo dispoñen dun vehículo dotado con radar e alcolímetro que lle foi entregado pola Subdelegación do Goberno na Coruña. A partir de agora na comarca aumentarán os controis de tráfico, fundamentalmente nas vías urbanas, co fin de evita-lo alto número de accidentes que se rexistran nas estradas da zona.

máis ...
 
Pontecesures pide que non se discrimine fronte a Valga en materia de saúde
PONTECESURES > O concello de Pontecesures demanda que se eliminen as deficiencias e carencias en materia sanitaria que presenta o centro de Saúde do municipio. Tras manter reunións co Director Xeral da División de Asistencia Sanitaria e mailo Xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, o concelleiro de relacións institucionais, Luís Ángel Sabariz, constata que a problemática non foi de todo resolta.
máis ...
 
Meaño reservará 150.000 euros para política social nas contas de 2006

MEAÑO > O Concello de Meaño amosa este mes a renovada Casa de Cultura de Dena e aproveita para presentar ós veciños a nova política social deseñada polo goberno local. O vindeiro ano, o equipo de Jorge Domínguez pretende investir 150 mil euros en dotar de contido a rede de infraestructura socio cultural e deportiva.

máis ...
 
Nantes esgota case cen kilos de potaxe na Festa da Fabada

SANXENXO > Centos de persoas achegáronse hoxe á parroquia de Nantes, en Sanxenxo para participar na Festa da Fabada. A comisión practicamente esgotou as existencias, servindo case cen kilos de fabada e oitenta de empanadas. Con esta cita gastronómica, a parroquia inicia catro días de festa ata o domingo.

máis ...
 
Cabaleiros do Salnés e do Deza recorren a cabalo o Castrove

MEIS > No Día da Inmaculada e a pesares do mal tempo algúns aproveitaron para practicar deporte e pasear. É o caso por exemplo dun grupo de xinetes de toda a provincia que se reuniron este xoves en Meis. A xornada de convivencia comezou cunha ruta a cabalo polo monte Castrove e rematou cunha comida e cunha tarde de xogos.

máis ...
 
Servizos Sociais da Pobra pon en marcha a campaña "Un xoguete, un mundo"

POBRA > O departamento de Servizos Sociais do concello da Pobra do Caramiñal vén de poñer en marcha a campaña informativa de Nadal "Un xoguete, un mundo”. O obxectivo é ofrecer información detallada sobre os xogos de calidade que resulten máis axeitados ás necesidades lúdicas e pedagóxicas dos nenos.

máis ...
 
Malestar en Ribeira ante a posible intalación dunha antena de telefonía móbil
RIBEIRA > O grupo municipal do BNG de Ribeira vén de manifestar o seu desacordo ante a posible colocación dunha antena de telefonía móbil no lugar da Revolta da Lomba en Palmeira. No caso de que esta actuación se leve a cabo, os nacionalistas solicitan ó concello a presentación dun informe de avaliación ambiental que garanta a seguridade desta instalación.

 

máis ...
 
Patrimonio autoriza a mellora do acceso á Igrexa de Abanqueiro
BOIRO > O executivo boirés está a manter unha serie de xestións coa Dirección Xeral de Patrimonio para levar a cabo varias actuacións no municipio e que afectan a bens catalogados por este organismo. Algúns dos proxectos que baralla o goberno local son a mellora do entorno da igrexa de Lampón ou a construción dun novo acceso ó templo de Abanqueiro. 

 

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Fin >>

Resultados 3835 - 3852 de 4119


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg