Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
Os veciños culpan ó concello de Boiro do estado de abandono do núcleo de Exipto

BOIRO > Un grupo de veciños do lugar de Exipto, en Boiro, vén de amosar o seu malestar ante o estado de abandono no que se atopa o seu núcleo de residencia. Os afectados denuncian o lamentable aspecto que presentan os viais e beirarrúas da zona que supoñen ademais un perigo debido ós desniveis, socavóns e obstáculos existentes. Os veciños xa presentaron reclamacións no concello en repetidas ocasións pero, ate o de agora non obtiveron resposta algunha por parte da administración local.

máis ...
 
A Escola de Gaitas da provincia de Pontevedra abre as suas portas en Vilanova

VILANOVA >Hoxe abre as portas a escola de gaitas e percusión da provincia de Pontevedra na Comarca do Salnés. A Casa de Cultura de Corón en Vilanova de Arousa foi o lugar elixido para desenvolver as clases que terán a mesma duración que o curso escolar. Ata o momento hai cincuenta alumnos matriculados pero o prazo de inscrición continua aberto.

máis ...
 
Gonzalo Durán solicita a Traballo a xornada partida nos obradoiros de emprego

VILANOVA > O alcalde de Vilanova mantivo unha reunión no Concello co Delegado de Traballo Pedro Borrajo. Tratábase dunha primeira toma de contacto na que se trataron as escolas obradoiro, as cooperacións entre ámbalas dúas administracións e os obradoiros de emprego.

máis ...
 
Os nenos serán os protagonistas do programa festivo do Nadal en Cambados

CAMBADOS> O Concello de Cambados presentou esta mañá a programación de actividades durante a tempada de Nadal. Dende o seis de decembro ata o seis de xaneiro os rapaces serán os principais protagonistas destas xornadas. A postal gañadora do Concurso de postais entre os colexios será o centro do cartel festivo. A autora é unha rapaza que cursa o quinto curso e pertence o colexio Antonio Magariños.

máis ...
 
Denuncian os constantes vertidos no humidal Ulla-Umia

SANXENXO > Unha veciña de  Sanxenxo que vive no humidal Ulla-Umia. ven de denunciar os constantes vertidos que se están a producir nas inmediacións da súa casa. No regato que se ve na imaxe botan residuos de todo tipo provocando malos cheiros e a aparición de ratas arredor da vivenda. Nesta zona protexida veñen reiteradamente camións a recoller auga para limpar unha estrada ou para facer obras. A veciña puxo xa este feito en  coñecemento dos responsables de medio ambiente.

máis ...
 
Os afiliados do PP elixen compromisarios para o congreso rexional

SALNÉS > Os afiliados do PP elexiron este mércores pola tarde ós compromisarios que votarán ó vindeiro presidente do PPdeG.  No Salnés foron catro os concellos onde houbo votacion: A Illa, O Grove, Ribadumia e Vilagarcía. Na comarca de Caldas, só Catoira tivo que acudir ás urnas. Nestes concellos os militantes divídense entre dous candidatos, Núñez Feijoo e Xosé Cuíña. No resto, onde se consensuou a lista de compromisarios, a maior parte dos apoios irán para Feijoo.

máis ...
 
Sanxenxo aproba os regulamentos de limpeza e ruido

SANXENXO > A corporación municipal de Sanxenxo aprobou este martes inicialmente os regulamentos de limpeza pública e contra a contaminación acústica. No primeiro caso fixéronse puntualización e recibiu apoio unánime, pero no segundo caso, o BNG votou en contra para poder presentar alegacións.

máis ...
 
Actos benéficos, maxia e teatro, na programación de Nadal en Vilagarcía

VILAGARCÍA > Festivais de Nadal, música clásica, danza, maxia e teatro infantil conforma a oferta cultural de decembro no Concello de Vilagarcía. Segundo sinala o goberno municipal, o auditorio terá actividade practicamente todo o mes. Mañá mesmo a programación abrirase ás nove da noite co festival benéfico da Asociación de Amas de Casa O Noso Lar.

máis ...
 
Morlán aparta da selección nacional de piragüismo a Bea e Mascato

O GROVE > O director técnico da selección española de piragüismo, Suso Morlán, non conta nesta tempada con Alfredo Bea e David Mascato. Tras esta decisión, os palistas arousáns deberán afrontar os vindeiros compromisos internacionais en solitario.

máis ...
 
Comezan as semifinais do Premio de Cociña Rías Baixas 2005 no Grove

O GROVE > Un xurado de expertos no mundo da hostalería desprazáronse esta tarde ata o Grove para comezar a avaliación dos pratos presentados á primeira edición do Premio de Cociña Rías Baixas 2005. Turismo Rías Baixas convocou este certame dirixido ós restaurantes da provincia. Entre os semifinalistas hai un restaurante do Grove, outro de Cambados e outro de Sanxenxo.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Fin >>

Resultados 3871 - 3888 de 4119


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg