Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
O grupo ACP ameaza con romper o pacto de goberno de Pontecesures

PONTECESURES> O grupo de goberno de Pontecesures non atravesa o seu mellor momento. O grupo ACP que forma goberno co BNG está considerando  un novo pacto con outro partido para dirixir o Concello.  Segundo Luís Sabaríz, Concelleiro de ACP existen moitas diferencias entre os dous grupos debido a falla de respecto dos nacionalistas.

máis ...
 
Durán discrepa con VIvenda sobre a situación do polígono de Baión

VILAGARCÍA> O director xeral de vivenda e solo, Daniel Pino, visitou esta mañá a Cámara de Comercio de Vilagarcía para informar sobre o solo industrial da Comarca do Salnés. Un dos temas que centrou a conferencia foi a situación do polígono de Baión. Pino afirmou que se comezará a construír no ano 2.007 e que actualmente está en proceso o estudio de viabilidade do proxecto. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán discrepou da exposición e corrixiu varios erros.

máis ...
 
Mecos conmemora 25 anos dedicados á xuventude do Grove

O GROVE > Os socios do Club de Remo Mecos, do Grove, están de aniversario. O domingo celebraron as súas vodas de prata nun acto no que participou o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, o alcalde Miguel Ángel Pérez, e un gran número de socios e veciños.

máis ...
 
Comezan as obras de ampliación no Concello de Sanxenxo

SANXENXO > A casa consistorial de Sanxenxo está estes días en obras. Hoxe deron comezo os traballos para ampliar as dependencias municipais cun novo anexo. Con esta remodelación, o concello reorientará a súa fachada cara a avenida de Madrid. Os veciños poderán seguir realizando as súas xestións no concello pero durante as obras, a alcaldía trasladarase ó Pazo Emilia Pardo Bazán.

máis ...
 
A ABE manifesta o seu malestar ante unha nova emitida pola TVG

BOIRO > A movida nocturna de Boiro segue a ser orixe de polémica. Nesta ocasión, non se tratou dun desacordo entre empresarios e veciños senón que o problema centrouse nunha nova emitida pola Televisión de Galicia o pasado 23 de novembro.

máis ...
 
De campo de concentración a moderna urbanización residencial
RIANXO > O solar da antiga fábrica de conservas O Castelo en Rianxo acollerá proximamente unha urbanización residencial de dez chalés adosados e diversas vivendas. Esta parcela, que actualmente atópase en ruinas e cuberta pola maleza, está situada nas inmediacións do porto rianxeiro, xunto ó club náutico.
máis ...
 
A FEB repartirá cincuenta mil euros en premios na súa campaña de Nadal

BOIRO > A Federación de Empresarios do Barbanza presentou a súa campaña de Nadal na que se repartirán un total de cincuenta mil euros en vales de compra. Os boletos comezarán a repartirse este mesmo xoves en preto de mil establecementos de toda a comarca. O obxectivo é animar ós consumidores a realiza-las súas compras no pequeno comercio.

máis ...
 
Inauguran A Lomba coincidindo co aniversario do Arosa S.C.

VILAGARCÍA > O deporte da comarca vestiuse esta fin de semana de longo. Coincidindo co sesenta aniversario do club de fútbol Arosa, foron inauguradas as obras de remodelación do campo de fútbol da Lomba. Autoridades e destacadas figuras do deporte rei estiveron presentes durante o acto.

máis ...
 
O Arosa S.C. celebra cun xantar en Fexdega polo seu 60 aniversario

VILAGARCÍA > E trala inauguración do Campo da Lomba, os asistentes ó acto desprazáronse ata Fexdega. Alí tivo lugar o xantar para celebrar o sesenta aniversario do Arosa S.C. Unha comida na que houbo palabras para destacar o labor do clube e espazo para a lembranza.

máis ...
 
Unhas dúas mil persoas apoian ás traballadoras de Marsac no Grove

VILAGARCÍA > Demandar a Alfageme a suspensión do traslado e solicitar ás Consellerías de Traballo, Pesca e Industria unha reunión urxente coa empresa, sindicatos, comité de empresa e concello. Con este acordo oficializouse este venres o apoio da corporación municipal do Grove ás traballadores de Marsac, nun día no que a cidadanía volveu saír á rúa para pedir 'non ó traslado'.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Fin >>

Resultados 3889 - 3906 de 4119


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg