Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
O servizo do SPAD de O Grove continua coas actividades formativas de prevención de drogas

O servizo do spad do Grove continúa coas actividades de prevención de drogodependencias no ámbito escolar,  concienciando ós adolescentes do perigo que entraña o consumo destas sustancias e ós mestres das liñas a seguir na  formación dos rapaces. Por outra banda este ano inciaránse uns cursos formativos dirixidos ós pais e nais, afondando na educación no seo familiar.

máis ...
 
"A Unión" presenta alegacións á recuperación de Punta Esteiro e o Careixo
A Asociación de veciños “A Unión” de Cabo de Cruz vén de presentar unha serie de alegacións ó Plan especial de mellora do litoral entre Punta Esteiro e O Careixo elaborado polo concello de Boiro. A proposta da entidade veciñal inclúe a rexeneración total da enseada así como a reparación da rede de saneamento co fin de erradicar os vertidos rexistrados na zona.
máis ...
 
O Portonovo salda con 2-1 o derbi de Terceira División contra o Arosa

En fútbol, destacamos en Terceira División, a sexta derrota consecutiva do Arosa e, pola contra as cinco xornadas que leva o Céltiga sen coñecer a derrota. O Arosa xogou en Baltar contra o Portonovo, que gañou 2-1; mentres que o Céltiga empatou a 2 co Lugo. En Rexional Preferente, empate a cero en Cambados, e o Unión O Grove venceu a domicilio ó Gondomar por 1-3.

máis ...
 
A Garda Civil da Pobra xa dispón dunhas novas dependencias
O corpo da Garda Civil da Pobra conta dende hoxe mesmo cunhas novas instalacións nas que desenvolve-lo seu traballo grazas ó convenio firmado esta mañá co concello. Mediante a cesión das dependencias, situadas nun anexo á casa consistorial, o executivo pretende mellora-las condicións de traballo dos axentes de modo que repercuta nun mellor servizo ós cidadáns.
máis ...
 
Dan comezo as obras de peonalización na Avenida General Franco de Ribeira
Esta mesma mañá iniciáronse as obras de peonalización da Avenida General Franco no concello de Ribeira. Os traballos, que se están a realizar en varios tramos, para minimizar as molestias para os veciños, corren a cargo da empresa construtora Seixo.
máis ...
 
Facenda arquiva o expediente aberto contra 73 comuneiros de Oubiña

Os comuneiros de Oubiña celebraron por todo o alto o arquivo do expediente aberto conta máis de 70 veciños por supostas irregularidades fiscais. A denuncia remóntase á venda do monte para construí-lo polígono industrial de Sete Pías.

máis ...
 
A Xunta formaliza a finalización da obra de selado do vertedoiro de Condide

O Concello de Pontecesures dispón xa da parcela correspondente ó selado do vertedoiro de Condide. A Xunta formalizou a pasada semana a entrega da obra finalizada comunicando ó Concello que agora deberá asumir a explotación da parcela, ademais de establecer un plan de vixiancia e control do selado.

máis ...
 
ACOPERI critica o peche da lonxa de Ribeira

Varios membros da asociación de compradores de pescado de Ribeira denunciaban o peche da lonxa. Os traballadores non entenden as causas de que un organismo público cese a súa actividade e secunde a folga sen ter en conta ós mariñeiros que non apoiaron o paro e seguen a desenvolver a súa actividade.

máis ...
 
O Grove recibe ós piragüistas que participaron no Mundial de Maratón en Australia

Os piragüistas do Breogán O Grove que participaron no Mundial de Maratón en Australia recibiron o venres pola noite un caluroso recibimento. Como vén sendo xa habitual cada vez que colleitan un logro deportivo, organizouse unha caravana de coches pola vila e despois foron recibidos no concello.

máis ...
 
As Confrarías do Barbanza deciden a volta á actividade
flota de baixura da comarca do Barbanza decidiu retomar a súa actividade e poñer fin ó paro decretado o pasado venres como medida de presión para conseguir axudas ó combustible.
máis ...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Fin >>

Resultados 3943 - 3960 de 4119


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg