VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
máis...
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| << Inicio < Anterior 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 Seguinte > Fin >> | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Resultados 4951 - 4968 de 6429 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||



VILANOVA > A figura de Valle Inclán conta desde este venres cun novo reducto para o seu estudio e difusión. A Fundación Valle Inclán inaugurou a súa nova sede en plena praza da Pastoriza, lugar moi vinculado á infancia do ilustre escritor. Os seus impulsores describiron este local como un complemento das iniciativas valleinclanianas aberto a tódolos vilanoveses.
SALNÉS > A aplicación dos contratos de compravenda de uva acordados na Mesa do Viño Rías Baixas parece que está a devolver a tranquilidade a un sector inmerso nas tarefas da vendima. O Sindicato Labrego Galego constatou nas subzonas desta Denominación de Orixe do Salnés, Baixo Miño e Condado que a uva se está a colocar sen problemas e incluso por riba do prezo mínimo acordado na Mesa.
BOIRO > O alcalde de Boiro, Xosé Deira, anunciou o cesamento do concelleiro independente Manuel Velo como membro do executivo por incumprimento do pacto de goberno. Segundo o rexedor boirés a súa actitude é ‘inadmisible’ posto que dende hai tempo ‘tenta desestabilizar calquera acción de goberno’ opoñéndose a proxectos de vital importancia para o municipio e ocultando información á opinión pública.
RIBEIRA > O cargueiro ruso Sunny Jane segue vagando sen rumbo pola ría de Arousa. O martes a embarcación chegaba a Ribeira despois de que o pasado 28 de agosto atracara no porto da Pobra do Caramiñal. A Dirección de Portos de Galicia decidíu trasladar a embarcación para liberar a liña de atraque da Pobra, unha decisión que non foi ben acollida polo executivo ribeirés.
RIANXO > A polémica rotonda construida en Rianxo xa está a ser retirada das inmediacións do colexio Castealo. Cumprindo así co compromiso adquirido polo alcalde rianxeiro e o delegado de Educación, varios operarios retiraron a finais da semana pasada parte desta infraestructura, unha medida temporal ata que se adopte unha decisión definitiva sobre a ordenación do tráfico na zona.
BOIRO > A parroquia de Escarabote foi o lugar escollido polo executivo boirés para construir 25 novas vivendas de protección oficial. O proxecto, que conta co apoio da Consellería de Vivenda, estará destinado á xente nova do concello menor de 35 anos, aínda que tamén se habilitará algunha das vivendas para persoas maiores de 65 que actualmente vivan en edificios calificados pola Administración como infravivendas.








