Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O alcalde de A Pobra pecha a discoteca Gran Vía

A POBRA> O rexedor decidiu non outorgar a licenza definitiva de apertura  do establecemento, emprazado no rueiro do Xogo da Bola, por mor dos numerosos altercados que teñen acontecido no exterior do local durante as noites da fin de semana.  O incendio nunha vivenda provocado  presuntamente por varios clientes que o dono botou da discoteca, foi a gota que encheu o vaso. O propietario do local cre que con esta decisión o concello cede á chantaxe dos vándalos.

 

 + máis    

 

Dous detidos por conducción temeraria e intento de roubo en Vilagarcía

VILAGARCÍA > A Policía Local detivo na madrugada do mércores ó xoves a un individuo de 46 anos que conducía borracho a gran velocidade na estrada de Pontevedra pola zona de Rubiáns. Tamén detivo, por intento de furto a un indixente que pretendía entrar a roubar nun establecemento da Mariña.

máis ...
 
O Saiar acada dez medallas no Campionato Galego de Natación

CALDAS > Dez foi o número de medallas que trouxeron baixo o brazo os integrantes do equipo de natación do Centro Ocupacional Saiar. 9 rapaces e 7 rapazas competiron no Campionato Galego de Natación para discapacitados intelectuais que se celebrou o mércores na Cañiza. Nós estivemos con eles nun dos seus adestramentos.

máis ...
 
O concello de Meis loitará para que non se instale ENCE nos seus terreos

MEIS> O concello de Meis comezará esta semana a campaña en contra do posible traslado de Ence ó polígono Meis – Barro. Nestes días colocaranse pancartas de protesta en todas as parroquias e os rexedores de ámbolos dous concellos manterán reunións con todos os veciños parar decidir as medidas de presión que se levarán a cabo no caso de que esta proposta sexa unha realidade.

máis ...
 
Fajardo ve no traslado da estación de autobuses un pelotazo urbanístico

VILAGARCÍA > O voceiro de Esquerda Unida de Vilagarcía, Juan Fajardo denunciou que o traslado da estación de autobuses a Fexdega anunciado polo goberno local, escondería unicamente un pelotazo urbanístico.

máis ...
 
Os veciños de Meis poden xestionar as expropiacións para a autovía no concello

MEIS> A autovía do Salnés está en marcha. Esta semana o concello de Meis está tramitando xa a expropiación dos terreos afectados. Na casa consistorial os veciños poden observar ata o vindeiro luns os planos nos que se aprecia o trazado. Agora o obxectivo do alcalde será asegurarse de que o concello terá unha saída na nova  autovía.

máis ...
 
Mercasa presenta o anteproxecto de mellora da Praza de Abastos de Vilagarcía

VILAGARCÍA > Converter a praza de abastos nun centro especializado de productos da compra cotiá. Esta é a filosofía do anteproxecto de mellora do mercado de Vilagarcía elaborado por Mercasa. A actuación xa foi presentada ós grupos municipais e ós comerciantes da praza.

máis ...
 
Sindicatos e estibadores urxen unha entrevista con Política Territorial

VILAGARCÍA > Os traballadores da estiba do porto de Vilagarcía aseguran que están nunha situación límite. Ante a mingua importante no tráfico de túnidos e recoñecida incluso polo presidente da Autoridade Portuaria, sindicatos e traballadores esixen unha entrevista urxente coa conselleira de Política Territorial.

máis ...
 
A FECA pide máis chan industrial para a comarca do Salnés

VILAGARCÍA > A federación comarcal de Arousa en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra organizou unha mesa de traballo na que se abordou a situación das empresas no Salnés. A mesa é o froito dun exhaustivo estudo de análise da empresa municipio por municipio.

máis ...
 
Un total de 58 equipos participan na fase previa do Arousa Fútbol 7

VILAGARCÍA > O campo de fútbol da Lomba, en Vilagarcía, acolle no mes de abril a fase previa do campionato Arousa Fútbol 7. Nesta liga preliminar participan 58 equipos, algúns deles procedentes de Portugal. O primeiro encontro será o día 8 ás nove da mañá, entre o Arosa B e o Condado B.

máis ...
 
O 9 de marzo Pontevedra acolle a VII edición de Pontus Veteris

PONTEVEDRA > Outro problema que afecta á xente xoven e que ultimamente volve estar de plena actualidade é a polémica suscitada pola extrema delgadez dalgunhas das modelos que desfilaron nas pasarelas Cibeles e Gaudí e as enfermidades derivadas, como a anorexia ou a bulimia. Con esa carga e as miradas postas nas protagonistas, arrancará a decimo sétima edición de Pontus Veteris en Pontevedra.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 311 312 313 314 315 316 317 318 319 320 Seguinte > Fin >>

Resultados 5671 - 5688 de 6439


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
DEPORTES

noya1.jpgPONTEVEDRA> O triatleta Javier Gómez Noya prepara a súa viaxe para participar na última proba do Campionato do Mundo. Hoxe realizou os últimos adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, onde recibiu a visita do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

¿ Como sintonizarnos en TDT ?
tv á carta
CORPORATIVO

CANALRIASBAIXAS súmase o apagón analóxico

CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

 

unidad_mobil_recortada_100.jpg

 

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif