Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

A familia da pontevedresa Sonia Iglesias non perde a esperanza de atopala con vida

PONTEVEDRA> A portavoz da familia compareceu ante os medios de comunicación para transmitir unhas palabras de agradecemento a todos os que están colaborando na investigación. Isabel Martínez cofensou que non perden a esperanza de atopala con vida e confían na labor que está realizando a Policía Nacional. Ademais, unhas 3.000 persoas asistiron á manifestación, que se celebrou, tras quince días sen ter novas de Sonia, por diferentes rúas de Pontevedra

 

 + máis    

 

Pontecesures reclama explicacións ó xerente de Xestur Pontevedra

PONTECESURES > O último venres de febreiro tiña lugar en Pontecesures un pleno centrado nunha moción da Agrupación Cidadá de Pontecesures relativa ás industrias “Nestlé” e “Finsa”. Sabariz denunciaba na moción a presunta intención de Xestur de trasladar as factorías pola súa “mala ubicación” e propuxo rexeitar esta idea por tratarse de dúas empresas que son “o motor económico da comarca”.

máis ...
 
Comeza a campaña da vieira cumprindo as expectativas iniciais

SALNÉS > O último luns de febreiro daba comezo a campaña da vieira, que no caso de que o tempo continúe frío, se podería prolongar ata mediados de abril. Ata o Porto de Tragove, en Cambados, chegaron 4000 quilos de producto capturados polos 150 tripulantes das 50 embarcacións que saíron a faenar no primeiro día. A pesar de que a campaña comeza tarde, a calidade da vieira está garantida.

máis ...
 
Cambados contará para 2006 con preto de 11 millóns de euros de presuposto

CAMBADOS > O equipo de goberno de Cambados aprobaba en solitario a pasada semana os orzamentos para o presente exercicio, que ascenden a 10 millóns 800 mil euros. O alcalde, Cores Tourís,  manifestou esta fin de semana que o concello alcanzou as máximas cotas de inversión e que Cambados é un dos concellos galegos menos endebedados.

máis ...
 
Os pósitos arousáns aproban o plan de xestión dos bancos de libre marisqueo

POBRA > As Confrarías de Pescadores da Ría de Arousa veñen de aprobar o plan de xestión e recuperación dos bancos de libre marisqueo. Este proxecto, elaborado conxuntamente entre os pósitos da Pobra e o Grove, contempla o cultivo de cría nas zonas máis deficitarias así como o incremento do persoal de vixilancia de cara a un maior control da explotación dos bancos.

máis ...
 
O proxecto do polígono de Te chega a Madrid

RIANXO > O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, desprazouse ata Madrid para presentar o proxecto do Polígono Industrail de Té no Salón de Espazos Empresariais, Comerciais e Industriais (SEIN). A selección deste proxecto supón un importante paso para a súa promoción de cara á captación de empresas de todo o país.

máis ...
 
A Casa de Dona Adela albergará o museo municipal de Ribeira

RIBEIRA > O executivo municipal de Ribeira presentou o proxecto de rehabilitación da emblemática casa de Dona Adela. O inmoble será restaurado para a súa conversión en museo, respectando en todo momento o aspecto orixinal da casa posto que se trata dun edificio catalogado como ben patrimonial.

máis ...
 
Ruíz solicita á Xunta axudas para palia-los danos provocados polo temporal

RIBEIRA > O Tenente-Alcalde de Ribeira e Voceiro do Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, vén de presentar unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria solicitándolle á Xunta e á Deputación Provincial da Coruña unha partida presupostaria para axudar, tanto a particulares como a empresas e ás administracións locais, polos danos producidos a causa do temporal.

máis ...
 
O concello de Poio ultima os trámites para a creación de vivendas de protección

POIO > O concello de Poio traballa nun convenio coa Consellería de Vivenda para a creación de vivendas de Protección Oficial no municipio. Así o acordaron na reunión mantida entre o delegado de Vivenda en Pontevedra, o alcalde e mailo presidente de Xestur. No encontro trataron tamén o tema do polígono industrial da Fraga Moreira maila problemática da sentencia xudicial de derrube de chabolas do asentamento xitano do VAO.

máis ...
 
Os veciños de Fondevila reclaman ó concello a mellora integral do barrio

RIBEIRA > Os veciños do lugar de Fondevila, en Ribeira, veñen de denunciar o estado de abandono no que se atopa o seu barrio debido á falla de investimentos realizados polo concello neste lugar. Ás deficiencias estruturais en rúas e na rede de sumidoiros, hai que sumar a escaseza dos servizos básicos posto que a recollida do lixo realízase cada dous días e non a diario como no resto do municipio.

máis ...
 
A Garda Civil detén en Boiro a tres persoas por vender drogas diante do instituto

BOIRO > Novo suceso relacionado co tráfico de drogas na comarca do Barbanza. A Garda Civil de Boiro detivo a tres persoas acusadas de vender estupefacientes ás portas dos institutos da localidade.  Tralo arresto, os axentes procederon ó rexistro dun garaxe propiedade dos detidos onde atoparon dous quilogramos e medio de haxís e os embalaxes doutro seis quilos xa vendidos.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 311 312 313 314 315 316 317 318 319 320 Seguinte > Fin >>

Resultados 5707 - 5724 de 6429


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
DEPORTES

VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

¿ Como sintonizarnos en TDT ?
tv á carta
CORPORATIVO

CANALRIASBAIXAS súmase o apagón analóxico

CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

 

unidad_mobil_recortada_100.jpg

 

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif