Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS
 
 
Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
As feiras celebradas en Fexdega deixan no Salnés 4 millóns de euros
Venres, 20 Xaneiro 2006

VILAGARCÍA > Os grandes eventos realizados en 2005 no Recinto Feiral de Vilagarcía deixaron nas empresas e establecementos comerciais e hosteleiros da comarca do Salnés máis de catro millóns de euros. Así se desprende dun estudio realizado pola Fundación Fexdega entre visitantes e expositores.

máis ...
 
A Basket Cup de Vilagarcía arranca en marzo con '¿Podes segui-lo ritmo?'
Venres, 20 Xaneiro 2006

VILAGARCÍA > A Basket Cup medra. E as actividades en torno ó torneo tamén. A organización do evento e mailo concello prepararon para a edición deste ano unha versión sociocultural. Así ó tempo que se potencia o torneo de baloncesto recádanse fondos para financialo.

máis ...
 
As familias rumanas da rúa Carreira de Cambados fuxiron sen deixar rastro
Venres, 20 Xaneiro 2006
CAMBADOS > As familias rumanas que residían na rúa Carreira de Cambados nunha situación de extrema pobreza poderían haber escapado sen darlle tempo a Xunta de Galicia a asumir a tutelas dos once menores. A fuxida  debeu facerse con moita rapidez xa que deixaron colgada nos tendais a roupa mollada.
máis ...
 
Concello, empresarios e comerciantes de Vilanova apostan pola vídeo vixiancia
Venres, 20 Xaneiro 2006

VILANOVA > A opción de vixiar as principais zonas de Vilanova con cámaras de seguridade atrae cada vez máis ó goberno local. A empresa que negocia a instalación co Concello presentaralle dentro duns días as condicións do contrato. O xoves xa realizou unha demostración do sistema de vídeo vixilancia e na reunión tamén participaron empresarios e comerciantes locais.

máis ...
 
O teólogo Xulio Lois e a Aula Castelao recibiron o premio Cidade de Pontevedra
Venres, 20 Xaneiro 2006

PONTEVEDRA> A cidade de Pontevedra vestiuse , día de San Sebastián,  para entregar os premios  da Cidade de Pontevedra. O xurado, formado por representantes dos tres partidos do Concello, un voceiro veciñal, outro da asociacións culturais e un ultimo do Colexio de Xornalistas outorgou por unanimidade o premio na modalidade de persoa individual ó teólogo Xulio Lois e na de persoa xurídica á Aula Castelao.

máis ...
 
O BNG retirase da comisión de urbanismo do PXOM de O Grove
Xoves, 19 Xaneiro 2006

O GROVE > O grupo nacionalista, escribe un novo capítulo na polémica do PXOM meco xa que decidiu en asemblea retirarse da comisión de urbanismo xa que ó seu parecer o alcalde mantén dende o mes de setembro unha actitude de desleixamento  neste proxecto rompendo en moitas ocasións as regras  do xogo.

máis ...
 
Atracos nas cafeterías das estacións de autobuses de O Grove e Sanxenxo
Xoves, 19 Xaneiro 2006

O GROVE/SANXENXO > O vandalismo chegou esta semana ata o Grove e Sanxenxo. Nesta ocasión os obxectivos dos delincuentes foron as cafeterías das estacións de autobuses destes municipios. O resultado foron uns cristais rotos e dúas máquinas comecartos desfeitas.

máis ...
 
O proxecto da ronda de Sanxenxo está listo para a súa aprobación provisional
Mércores, 18 Xaneiro 2006
SANXENXO > A Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo tratará a aprobación provisional da Avenida Aviador Piñeiro. O goberno trasladaralle a proposta á oposición xunto cos informes técnicos emitidos polo secretario, o interventor e o arquitecto municipais. Nese proxecto inclúense xa as alegacións que foron presentadas durante o prazo de exposición pública.
máis ...
 
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>

Resultados 2211 - 2227 de 2530


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg