Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
|
Luns, 16 Xaneiro 2006 |
|
O GROVE > A pesares de que no congreso do PP se incidiu moito en que se pechou a sucesión sen ningún tipo de rupturas isto non foi de todo certo. Unha das primeiras consecuencias do relevo foi a dimisión de Paula Janza como concelleira e presidenta do PP do Grove. Fixo o anuncio tan só 24 horas despois de que tivera lugar o congreso e sobre a súa dimisión falou tamén o presidente provincial quen anunciou que se creará unha xestora ata a celebración do congreso local. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 16 Xaneiro 2006 |
|
PONTEVEDRA > O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu ós representantes do grupo municipal do Partido Popular na Illa de Arousa para dotar ó campo de fútbol A Bouza de herba artificial de última xeración. Louzán manifestou a súa boa disposición para acelerar as obras deste centro deportivo aínda que está pendente da aprobación presupostaría do concello para a execución da obra. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 16 Xaneiro 2006 |
|
VILAGARCÍA > Zona Aberta entregou os cheque correspondentes ó segundo e o terceiro premio do sorteo de Nadal cos que os comerciantes Vilagarcía agasallan os seus clientes cada no. O segundo premio correspondeu a unha veciña de Vilaxoan, Matilde Dieste, o terceiro dunha moza vilagarciá Iolanda Saborido. Nesta ocasión o primeiro premio non se puido repartir ó non aparecer o boleto co número 34.785. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 16 Xaneiro 2006 |
|
RIBADUMIA> Comezaron as obras do esperado novo preescolar de Ribadumia. Tras varios meses de elaboración do proxecto e estudio das principais necesidades do novo centro construirase un edificio de planta baixa con tres aulas de educación infantil que se situará no conxunto de edificios que conforman o centro educativo Julio Becerra Malvar. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 13 Xaneiro 2006 |
|
VILAGARCÍA > Os depósitos de Ferrazo de Vilagarcía volven ó primeiro plano da actualidade despois de que o deputado nacionalista Bieito Lobeira anunciara as medidas que tomará o seu grupo sobre esta cuestión. Entroutras, unha serie de preguntas que presentou no Parlamento para coñece-la opinión do goberno galego sobre este asunto. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 13 Xaneiro 2006 |
CAMBADOS > A toma de posesións dos novos membros da Mancomunidade do Salnés estivo marcada pola polémica. Especialmente a do concelleiro de Cambados, José Antonio Domínguez que sustituía á do BNG Montse Prado. Este feito foi denunciado polo alcalde vilagarcián, que asegurou que o procedemento para nomear un novo concelleiro non se axustaba ó espíritu da Mancomunidade. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 13 Xaneiro 2006 |
|
PONTECESURES > O director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, visitou esta mañá o concello de Pontecesures para coñecer os lugares onde se desenvolveran dúas actuacións para mellorar o entorno da zona. Trátase do miradoiro do galiñeiro preto dun antigo vertedoiro e da cruz de Infesta paso obrigado do camiño de Santiago portugués. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 13 Xaneiro 2006 |
|
VILAGARCÍA > Os representantes das tres principais federacións de productores de mexillón (Opmega, Arousa Norte e Agame) mantiveron unha nova reunión coa Conselleira de Pesca Carmen Gallego tralo plantón protagonizado no encontro do pasado mércores. Aínda que parecía que o diálogo entre ámbalas dúas partes volvía a restablecerse o sector podería comezar as mobilizacións nun prazo de dez días. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 2228 - 2244 de 2530 |