Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS
 
 
Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
O sector do mexillón protesta ante o INTECMAR pola 'desidia' da Administración
Martes, 03 Xaneiro 2006

VILAXOÁN > Os bateeiros galegos concentráronse no primeiro martes de 2006 por segunda semana consecutiva diante do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia denunciando unha situación que é, a todas luces, insostible.

máis ...
 
O 'Galicia Movistar' lidera a segunda etapa da Volvo Ocean Race
Luns, 02 Xaneiro 2006

SANXENXO > Xa está en marcha a segunda etapa da Volvo Ocean Race e polo momento, con boas novas para o barco español. Segundo as últimas novas enviadas pola organización, o Movistar lidera a flota, seguido do Brasil 1, Piratas del Caribe e ING. Pechan a clasificación o Ericcson e os ABN.

máis ...
 
Marsac recolle os apoios do PP e do Partido Galeguista
Luns, 02 Xaneiro 2006

GROVE > O Comité de empresa de Marsac reuniuse este luns co grupo parlamentario Popular e con representantes do Partido Galeguista. Ambas formacións amosaron o seu apoio ás traballadoras na súa loita contra o traslado da factoría de Porto Meloxo.

máis ...
 
Fomento licita o acceso ó porto de Vilagarcía en 27,66 millóns de euros
Luns, 02 Xaneiro 2006

VILAGARCÍA > O Ministerio de Fomento licitou as obras do novo acceso ó Porto de Vilagarcía, cun presuposto de 27,66 millóns de euros. O trazado discorre polos termos municipais de Vilagarcía, Vilanova e Caldas de Reis, cunha lonxitude de máis de sete quilómetros.

máis ...
 
O pleno de Pontecesures aproba por unanimidade os PERI Nº 1 e o P.02
Luns, 02 Xaneiro 2006

PONTECESURES > Pontecesures despediu o ano cun pleno no que destacou a aprobación do sistema de actuación PERI Nº 1 e polígono P.02. Todos os grupos políticos estiveron de acordo en que no primeiro caso, un terreo de máis de oito mil metros cadrados, se proceda a súa urbanización mediante un sistema de compensación. No caso do polígono o sistema aprobado é o de concerto.

máis ...
 
Os veciños de Corvillón viven atemorizados pola suba de roubos na zona
Luns, 02 Xaneiro 2006

CAMBADOS > A parroquia de Corvillón vive na intranquilidade. A razón é un grupo de rapaces  que rouban nos vehículos da zona. Segundo os veciños da zona non lles interesa nin as radios nin os coches aínda que os danos son numerosos.  Despois de denuncialo ante a Garda Civil.

máis ...
 
O ano remata coa localización dunha nova planadora de transporte de drogas
Luns, 02 Xaneiro 2006

VILANOVA > Despois de que  o subdelegado do goberno, anunciara os avances das tres operacións contra a droga levadas a cabo nos últimos días, o ano finalizaba coa intervención da embarcación “HJI”, unha planadora “Zodiac” preparada para transportar droga. A operación desenvolvida entre Vilanova e a Illa de Arousa rematou sen detidos.

máis ...
 
O concello de Sanxenxo derrubará parte do edificio Boavista
Luns, 02 Xaneiro 2006

SANXENXO > O Concello de Sanxenxo, a través da Xerencia de Urbanismo, executará o derrube de parte do edificio Boavista, situado en Baltar. Hoxe abríronse os sobres coas ofertas das tres empresas que optan a executar os traballos, que poderían ser adxudicados mañá.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>

Resultados 2262 - 2278 de 2530


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg