Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS
 
 
Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
O 25% dos casos están relacionados directamente co tabaco
Mércores, 28 Decembro 2005

PONTEVEDRA > Coa chegada da nova lei antitabaco o Colexio Oficial de Médicos declarouse espazo libre de fume. A razón non é para menos, o tabaco é a causa do 25 por cento dos casos de cancro na provincia de Pontevedra e representa un gasto moi elevado na seguridade social. Deste xeito os médicos consideran que o importante é concienciarse do dano que produce esta droga para alongalo definitivamente da sociedade.

máis ...
 
A maioría dos establecemento hostaleiros do Salnés declaranse fumadores
Mércores, 28 Decembro 2005

O SALNÉS > A partir do un de xaneiro estará prohibido fumar en todos os establecementos públicos excepto nas zonas habilitadas para fumadores. A nova lei entra en vigor a vindeira semana aínda que existen moitas lagoas respecto o seu contido. Os hostaleiros da comarca non están moi seguros de cómo actuar con respecto a esta lei aínda que a maioría o ten moi claro.

máis ...
 
Continúan declarando en Cambados pola operación contra tráfico de haxix
Martes, 27 Decembro 2005

CAMBADOS > Os xulgados de Cambados continúan rexistrando moito movemento. Este mércores pola tarde acabaron de declarar os nove detidos por unha suposta operación contra o tráfico de haxix, entre eles o cambadés Ramón Baúlo, fillo de Manuel Baúlo ‘O Caneo’ quen fora asasinado hai uns anos na súa casa tras delatar a Manuel Charlín.

máis ...
 
O Plan Estratéxico Provincial 2.010 inclúe plans de accións para todos os concellos
Martes, 27 Decembro 2005

VILAGARCÍA > A Deputación de Pontevedra presentou  no Centro Comarcal Exposalnés o plan estratéxico provincial 2.010. Tratase dun proxecto no que se inclúen plans de accións como son a competitividade, a cooperación local e a innovación. Un plan participativo no que colaboraron  todos os concellos da provincia.

máis ...
 
O Consello Regulador do Mexillón chama a unión do sector
Martes, 27 Decembro 2005

VILAGARCÍA > O Consello Regulador do Mexillón reunirase con todos os representantes do sector  para acadar solucións que permitan elaborar liñas de actuacións cara a crises deste molusco. Dende fai tres meses a situación da marea vermella fai case imposible a venda do mexillón polo que é o momento de unirse e buscar solucións.

máis ...
 
O Polígono A Pedreira sufre continuos e violentos roubos nas empresas
Martes, 27 Decembro 2005

MEAÑO > Fai xa un ano que as empresas do Polígono A Pedreira de Meaño levan sufrindo roubos cada vez máis violentos e continuos. O último rexistrouse  na empresa ‘Maderas del Salnés’, os asaltantes cortaron o tendido eléctrico e romperon  unha fiestra para roubar arredor de 300 euros. Os empresarios cren que a unión entre todos os polígonos é a única solución para evitar estes roubos.

máis ...
 
Morre o xoven de Ribadumia que caeu dunha obra en Pontevedra
Martes, 27 Decembro 2005
RIBADUMIA > Un xoven de Ribadumia, Manuel Hermida, faleceu tras sufrir un accidente laboral en Pontevedra. O mozo, que traballaba como autónomo, caeu ó baleiro dende o tellado dun edificio de seis plantas. O golpe foi moi forte e aínda que ingresou con vida, falecía esta madrugada.
máis ...
 
Os conselleiros do Porto de Vilagarcía despiden o ano cunha visita ás instalacións
Martes, 27 Decembro 2005
VILAGARCÍA > En xullo de 2007 o peirao do Ramal de Vilagarcía quedará libre. Estes días déronse as últimas concesións e autorizacións en precario nesta zona que pronto revertirá no porto vilagarcián. Un porto que busca xa novos terreos para medrar fora da liña de costa.
máis ...
 
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>

Resultados 2279 - 2295 de 2530


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg