Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS
 
 
Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
O Sorteo de Nadal só deixa en Galicia un quinto premio este ano
Xoves, 22 Decembro 2005
ESPECIAL NADAL > O 20.085 foi o número agraciado co Gordo do Sorteo de Nadal con tres millóns de euros, trescentos mil euros cada décimo. O número vendeuse íntegramente na localidade barcelonesa de Vic. En Galicia só quedou parte dun quinto premio, do 25.944, que se vendeu en Serra de Outes.
máis ...
 
Zona Aberta de Vilagarcía conta cunha zona lúdica para os máis pequenos
Xoves, 22 Decembro 2005

VILAGARCÍA > Vilagarcía conta este Nadal cunha zona lúdica para os máis pequenos. A asociación de comerciantes Zona Aberta e o concello habilitarón a praza da peixería para que os pais poidan deixar os rapaces mentras fan as súas compras. Alí, monitores especializados desenvolveran diversas actividades para pasar unha tarde moi divertida.

máis ...
 
Núñez Feijóo sucederá a Fraga tras unificar a súa lista coa de Barreiro
Xoves, 22 Decembro 2005

GALICIA > Alberto Núñez Feijóo será quen presida o PPdeG tralo congreso rexional de xaneiro. Finalmente só concorrerá unha soa candidatura trala alianza asinada con Xosé Manuel Barreiro. Os ex vicepresidentes da Xunta unen as súas forzas coa intención de garantir a cohesión do partido.

máis ...
 
Medio Rural estudiará a construcción dun acceso á Toxa, en Pontecesures
Mércores, 21 Decembro 2005

PONTECESURES > A consellería de Medio Rural estudiará a viabilidade da realización dun acceso ó lugar da Toxa, no Concello de Pontecesures. O delegado provincial deste departamento autonómico, Gonzalo Constenla, visitou esta mañá o municipio, onde se reuniu cos portavoces dos grupos municipais, agás o PP que escusou a súa ausencia.

máis ...
 
A gardería da Illa de Arousa despídese do ano cunha fermosa panxoliña
Mércores, 21 Decembro 2005

ILLA DE AROUSA > Os máis cativos da Illa de Arousa despedíanse da gardería por este ano cun gran festival. Anxos en miniatura, paxes e reis dedicaban os pais, familiares e amigos unha panxoliña moi propia destas datas. Os rapaces estaban máis formais que nunca xa que están xa moi preto  de nos os máxicos  Reis Magos.

máis ...
 
Vilagarcía acolle un curso formativo obre o Alzheimer
Mércores, 21 Decembro 2005

VILAGARCÍA >O Azheimer é unha demencia dexenerativa irreversible de causa orgánica  descoñecida  cada vez máis común nos nosos anciáns. Deste xeito as familias enfróntanse a unha enfermidade que se divide en fases que precisan diferentes coidados. Para coñecer a asistencia que necesitan estes enfermos a Concellería da Muller de Vilagarcía organiza un curso formativo sobre o Alzheimer no Auditorio Municipal.

máis ...
 
A CIG reclama o control das importación de peixe e marisco
Mércores, 21 Decembro 2005

GALICIA > A central sindical CIG demanda da Consellería de Pesca o control das importacións de peixe e marisco. A CIG advirte que invaden os mercados sen ningún tipo de control e sen garantías sanitarias. Unha situación que consideran inadmisible tendo en conta os problemas que atravesa o marisqueo en Galicia por mor da marea vermella.

máis ...
 
Empresas do polígono de Tremoedo sofren varios roubos nas súas naves
Mércores, 21 Decembro 2005

VILANOVA > Os empresarios do polígono de Tremoedo, en Vilanova, estudan a unión con outras áreas industriais da comarca para deseñar un plan de vixilancia conxunto. A maior parte das naves alí instaladas xa sufriron varios roubos, e o último episodio xa o viviron na madrugada do domingo para o luns. De momento só denunciaron os feitos ante a Garda Civil Novolar Construcciones e Mariscos Gilmar.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>

Resultados 2296 - 2312 de 2530


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg