Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS
 
 
Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
O martes 20 de decembro marcará o rumbo definitivo de Marsac
Martes, 20 Decembro 2005

O GROVE > Descontentos e pesimistas. Así se amosan quen participaron en Santiago de Compostela na mesa de negociación convocada pola Xunta para arranxar o problema do peche da factoría grovense de Porto Meloxo. A empresa non cede e o traslado parece inminente.

máis ...
 
A asociación cultural Gato Negro corre perigo
Luns, 19 Decembro 2005
VILAGARCÍA > O Gato Negro de Carril celebrou esta fin de semana a asemblea para a elección de novo presidente. A asociación cultural non pasa polo seu mellor momento. Os socios reunidos non amosaron especial interés en continuar co labor desenvolvido durante vinte anos por José Luis Mulét.
máis ...
 
Meis, Ribadumia e Meaño contarán cun tanatorio e piscina mancomunadas
Luns, 19 Decembro 2005
MANCOMUNIDADE > Os concellos de Ribadumia, Meis e Meaño contarán cun tanatorio, piscina climatizada e pista polideportiva comúns. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou este sábado, xunto cos alcaldes dos municipios beneficiados o proxecto que se levará a cabo en San Martiño de Meis.

 

máis ...
 
Un Pleno Extraordinario abre os actos do 25 aniversario do Parlamento Galego
Luns, 19 Decembro 2005
GALICIA > O Parlamento Galego está de cumpreanos. Celebra o seu 25 aniversario que comezou cun pleno extraordinario no que interviron tódolos grupos políticos e unha representación de mozos nados en 1981. A reforma do estatuto e o chamamento ó consenso foron temas recurrentes ó longo de todo o acto.

 

máis ...
 
Vandalismo en Vilagarcía contra dúas patrullas da Policía Local
Luns, 19 Decembro 2005
VILAGARCÍA > Vilagarcía volve estar de actualidade tralos actos vandálicos rexistrados na madrugada da fin de semana previa ó Nadal contra dúas patrullas da Policía Local. Os danos ascenden a 300 euros.

 

máis ...
 
Vilanadal Centro, 3 días de obradoiros para os cativos
Luns, 19 Decembro 2005

VILANOVA > A Asociación de Comerciantes Vilanova Centro prepara para este Nadal varias actividades para os máis pequenos. Os días 23 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro a partir das 5 da tarde o pavillón será o escenario de varios obradoiros nos que participarán os cativos gratuitamente.

máis ...
 
Pontecesures convocará sendos certames cos nomes de Maside e Borobó
Venres, 16 Decembro 2005

PONTECESURES > Carlos Maside e Borobó darán nome a cadanseu premio no Concello de Pontecesures. É a principal novidade dun ambicioso programa cultural que deseña o goberno local para o vindeiro ano. A programación iníciase este Nadal con arte, obradoiros, cine e maxia, entre outras actividades.

máis ...
 
A antiga telleira de Vilalonga está xa rehabilitada
Venres, 16 Decembro 2005

SANXENXO > Rematáronse xa os traballos de rehabilitación da antiga telleira de Sanxenxo que se converterá  no Centro de Interpretación da Natureza. Trátase dun edificio luminoso dunha soa planta, no seu  interior atópanse os antigos fornos. A zona exterior será obxecto dunha actuación exterior que permitirá a recuperación do entorno de Vilalonga.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>

Resultados 2313 - 2329 de 2530


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg