Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
|
Xoves, 15 Decembro 2005 |
|
VILAGARCÍA > A Deputación de Pontevedra colaborará coa Asociación ASESMAR na organización da Semana de Estudios do Mar en Vilagarcía. O presidente da Cámara de Comercio arousá foi o encargado de transmitir esta iniciativa ó responsable da Deputación. O ciclo de conferencias podería celebrarse en Vilagarcía en outono de 2006. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 14 Decembro 2005 |
|
SANXENXO > O PSOE de Sanxenxo asegura que a Consellería de Política Territorial non apoia o proxecto da Avenida Aviador Piñeiro. Tras reunirse coa titular deste departamento, Dulcinea Aguín sinala que a Xunta aínda non recibiu o segundo proxecto da ronda e que obtivo o compromiso de que non se fará. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 13 Decembro 2005 |
|
VILAGARCÍA >Unha das orquestras máis esperadas chega a Vilagarcía este mes. Trátase da Real Filharmonía de Galicia que actuará o vindeiro 16 de decembro as nove da noite no auditorio municipal. A Agrupación musical dirixida por Manuel Valdivieso trae un repertorio de tangos único en Galicia. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 13 Decembro 2005 |
|
VILAGARCÍA > Os taxistas da comarca uníronse os de toda España en solidariedade polo último asasinato en Bilbao. As medidas de seguridade cos que contan estes vehículos son insuficientes, sobre todo nas grandes cidades, polo gran índice de delincuencia rexistrado. Segundo os taxistas da comarca a solución estaría no aumento das subvencións para a instalacións de biombos e sistemas GPS. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 13 Decembro 2005 |
|
VILANOVA > A conselleira de Pesca visitou esta mañá o Centro de Investigacións Mariñas de Corón, en Vilanova. Nunha época complicada para o sector mexilloeiro arousán, Carmen Gallego, defendeu a labor destes laboratorios, sobre todo, do Intecmar de Vilaxoán. Ademais lembrou que este mes se publicaría no DOG a orde que regula as subvencións por marea vermella. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 12 Decembro 2005 |
|
O GROVE > O luns foi o día marcado pola conserveira Bernardo Alfageme para o desmantelamento da factoría grovense de Porto Meloxo. Sen embargo, o programa de vixianza continuo das entradas á fábrica por parte das traballadoras impediu a manobra. Dous dos tres vehículos previstos pola Dirección desprazáronse ata o lugar para comezar co traslado da maquinaria da liña de producción de calamar á fábrica de Vigo, pero deron volta ó non poder acceder ás instalacións. A mañá transcorreu sen ningún tipo de incidente. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 12 Decembro 2005 |
|
VILAGARCÍA > Ariadna Martínez e Damián González, proclamáronse este domingo gañadores da II Milla Solidaria de Vilagarcía. Ademais de cadanseu trofeo, ambos corredores recibiron un cheque de 150 euros cada un que doarán á Asociación Con Eles e a InteRed Galicia. Nesta proba solidaria participou unha vintena de persoas. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 12 Decembro 2005 |
|
VILAGARCÍA > A asemblea do Liceo Casino de Vilagarcía ratificou a Álvaro Paz como novo presidente da entidade. Ó ser a única candidatura presentada trala dimisión da anterior executiva, os socios non tiveron que votar. Entre os obxectivo da nova dirección, está a profesionalización da xestión e ampliar o número de socios. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 2330 - 2346 de 2530 |