Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow SALNÉS-CALDAS
 
 
Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
O Concello de Ribadumia inicia o día 2 o programa de acollida anticipada no colexio público
Martes, 25 Outubro 2005

O Colexio Xulia Becerra Malvar e o Concello de Ribadumia inician o vindero día 2 de novembro a acollida anticipada de nenos. Trátase de dar servizo ás familias que necesitar deixar os fillos no colexio antes da súa hora de apertura. Para elo habilitouse o antigo comedor e contratouse unha coidadora que os atenderá xa desde as sete e media da mañá.

máis ...
 
UU.AA. pide calma ante a expansión da gripe aviaria
Martes, 25 Outubro 2005

UU.AA. ven de pedir calma ante o continuo bombardeo de novas sobre a gripe aviaria. O responsable do sector avícola do sindicato asegurou hoxe que non hai motivo de preocupación xa que é imposible que no noso país unha ave enferma chegue ó mercado. UU.AA. asegura que os controis nas granxas do Salnés son totais e comezan xa na galiña que pon o ovo do que sairá o polo.

máis ...
 
Presentación do plan de 'Normalización do comercio do Salnés'
Martes, 25 Outubro 2005

Os representantes dos centros comerciais urbanos do Salnés e o xerente da Fundación Comarcal coñeceron onte como avanza o plan de 'Normalización do comercio do Salnés'. A empresa adxudicataria do proxecto presentoulles os resultados das enquisas feitas na comarca e que deixan de manifesto a visión que teñen os veciños e os turistas do comercio local.

máis ...
 
Reabre en Vilagarcía a Tasca da Marina
Martes, 25 Outubro 2005

A Tasca da Marina, en Vilagarcía reabriu as súas portas. A empresa Negocios do Morrazo é a encargada de xestiona-lo establecemento nesta nova etapa. As súas especialidades serán as carnes á pedra e os arroces e fideuás.

máis ...
 
Presentación de “Las Rías Baixas de Valle-Inclán"
Martes, 25 Outubro 2005

A Casa Museo de Valle Inclán foi o lugar elexido polo Patronato de Turismo Rías Baixas para presentar a súa última publicacón: “Las Rías Baixas de Valle Inclán”. Trátase dunha obra onde se misturan as vertentes cultural e turística xa que se dan a coñece-los concellos da comarca relacionados co autor de Divinas Palabras.

máis ...
 
O servizo do SPAD de O Grove continua coas actividades formativas de prevención de drogas
Martes, 25 Outubro 2005

O servizo do spad do Grove continúa coas actividades de prevención de drogodependencias no ámbito escolar,  concienciando ós adolescentes do perigo que entraña o consumo destas sustancias e ós mestres das liñas a seguir na  formación dos rapaces. Por outra banda este ano inciaránse uns cursos formativos dirixidos ós pais e nais, afondando na educación no seo familiar.

máis ...
 
Garbanzo de Prata para O Crisol de O Grove
Luns, 24 Outubro 2005

O restaurante O Crisol de O Grove sumou un novo recoñecemento. Unha sociedade gastronómica de Nova Iorque deulle o Garbanzo de Prata, que recoñece tanto a excelente calidade da súa cociña, como a atención ó cliente. Digna Prieto recolleu con emoción o galardón.

máis ...
 
Facenda arquiva o expediente aberto contra 73 comuneiros de Oubiña
Luns, 24 Outubro 2005

Os comuneiros de Oubiña celebraron por todo o alto o arquivo do expediente aberto conta máis de 70 veciños por supostas irregularidades fiscais. A denuncia remóntase á venda do monte para construí-lo polígono industrial de Sete Pías.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>

Resultados 2347 - 2363 de 2463


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg