Novas do Salnés, Caldas, Sar, ...
|
Venres, 02 Decembro 2005 |
|
PONTEVEDRA > Ten sofisticados aleróns, un deseño agresivo e unha potencia de uns 900 cavalos. Sí, estamos falando do R-25 o coche que deu a victoria o campión do mundo de formula un Fernando Alonso. O vehículo causou sensación no centro Comercial a Barca onde estivo exposto por unha mutua madrileña. En Pontevedra todos seguían o piloto asturiano. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 02 Decembro 2005 |
|
SANXENXO > A asociación de comerciantes de Sanxenxo, Entretendas aposta forte pola súa campaña de Nadal. O Centro Comercial Urbano sorteará o 28 de decembro un total de 8.000 euros, repartidos nun único premio de 6.000 euros e noutros 20 de 100 euros cada un. Ademais organizou actividades na rúa para os días 23 e 24. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 01 Decembro 2005 |
|
PONTEVEDRA > O presidente provincial do partido, Rafael Louzán cualificou a xornada electoral de intensa e sen precedentes. Destacou sobre todo a alta participación, que no caso das tres principais cidades da provincia, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, chegou a superar o 30 por cento. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 01 Decembro 2005 |
|
AROUSA > As bateas están cheas de mexillón que non se pode extraer e por tanto as cordas permanecen ocupadas polo que algúns productores optan por esperar para comeza-la nova crianza. Finalmente decidiuse seguir adiante. Mentres tanto persiste a marea vermella. Pese a que xa se puido abrir un polígono, as expectativas do Intecmar non son moi boas. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 01 Decembro 2005 |
|
SANXENXO > O BNG de Sanxenxo solicita ó alcalde que paralice de forma inmediata as obras de reforma que se están levando a cabo na Casa Consistorial. Os nacionalistas entenden que no convenio asinado no seu día coa Consellería de Xustiza se contempla só a remodelación do edificio pero non a súa demolición. Denuncian ademais que a obra tampouco ten licencia municipal. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 01 Decembro 2005 |
|
CAMBADOS> O Concello de Cambados presentou esta mañá a programación de actividades durante a tempada de Nadal. Dende o seis de decembro ata o seis de xaneiro os rapaces serán os principais protagonistas destas xornadas. A postal gañadora do Concurso de postais entre os colexios será o centro do cartel festivo. A autora é unha rapaza que cursa o quinto curso e pertence o colexio Antonio Magariños. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 01 Decembro 2005 |
|
O GROVE > EMGROBES repartirá este Nadal entre os seus clientes 5.000 euros en vales de compra. A directiva da asociación presentou esta mañá a campaña de promoción do Centro Comercial Aberto DE TENDAS do Grove. Trátase de inventival as compras destas datas no comercio local, tal como indicou o presidente de EMGROBES, Juan Búa. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 01 Decembro 2005 |
|
VILANOVA >Hoxe abre as portas a escola de gaitas e percusión da provincia de Pontevedra na Comarca do Salnés. A Casa de Cultura de Corón en Vilanova de Arousa foi o lugar elixido para desenvolver as clases que terán a mesma duración que o curso escolar. Ata o momento hai cincuenta alumnos matriculados pero o prazo de inscrición continua aberto. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 2364 - 2380 de 2530 |