|
Luns, 23 Xaneiro 2006 |
|
POBRA > A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña vén de desestima-la demanda interposta por un herdeiro de Raquel Fernández Soler contra o Concello da Pobra do Caramiñal solicitando a anulación do legado desta en favor do concello pobrés. A decisión do Tribunal provincial vén ratifica-la sentencia do propio Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 3 de Ribeira que o pasado mes de xullo sinalaba que o executivo presidido por Isaac Maceiras respectara o legado da muller. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 23 Xaneiro 2006 |
|
POBRA > O concello da Pobra do Caramiñal ten previsto levar ó vindeiro pleno o novo acordo regulador dos funcionarios municipais para a súa aprobación. O anterior convenio comezara a súa vixencia en xaneiro do ano 2002 rematando en decembro do 2004 polo que era necesaria a súa renovación. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 20 Xaneiro 2006 |
|
BOIRO > Carmelo Vidal non tardou en respostar ás acusacións realizadas por Salvador Ribadomar sinalando que os expedientes abertos a algúns mariscadores do sector de a flote foron totalmente legais ó seren sorprendidos traballando en zonas pertencentes ó colectivo de mariscadores a pé. Ademais negou que presione ós vixilantes para sancionar a algúns socios que non son afíns á súa xestión á fronte do pósito. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 20 Xaneiro 2006 |
|
BOIRO > O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, realizou esta mañá unha visita ó concello de Boiro para comprobar ‘in situ’ o estado de varios proxectos financiados polo órgano provincial no municipio. A corporación municipal deu a benvida ó representante provincial nunha recepción oficial á que tamén asistiron numerosos membros do movemento asociativo de Boiro. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 20 Xaneiro 2006 |
|
RIBEIRA > A Asociación de Empresarios de Ribeira desenvolverá un plan de seguridade no polígono industrial de Xarás para facer fronte ó incremento dos roubos rexistrado nos últimos días. Con este obxectivo, a patronal xa iniciou as negociacións coa empresa Segur Ibérica que realizará un informe sobre a viabilidade da posta en marcha do plan. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 20 Xaneiro 2006 |
|
RIBEIRA > Membros do PSOE de Ribeira presentaron un estudo para acometer o proxecto de ampliación do porto exterior da localidade. Segundo os socialistas o seu proxecto ten un menor impacto ambiental e é máis funcional que a alternativa presentada no seu día polo Partido Popular, sendo ademais menos agresiva para os bancos marisqueiros. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 19 Xaneiro 2006 |
|
POBRA > Os membros do grupo municipal do Partido Socialista da Pobra do Caramiñal compareceron esta mañá en rolda de prensa para explica-la súa postura en canto ó conflito que manteñen coa executiva local e comarcal. Os edís aseguran que nunca incumpriron os pactos establecidos no seo do partido polo que non entenden a postura mantida contra eles. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 19 Xaneiro 2006 |
|
GALICIA > A Asociación Galega de Mexilloeiros, AGAME, acordou darlle un marxe de confianza á Consellería de Pesca á hora de resolve-la crise aberta no sector do mexillón e acepta-los 12 mil euros de compensación pola catástrofe do “Prestige”. Deste xeito non participarán na mobilización convocada polo resto das asociacións. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 1531 - 1547 de 1730 |