Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA
 
 
Novas do Barbanza
O concello de Boiro destina unha partida de 18 mil euros para cada parroquia
Martes, 17 Xaneiro 2006

BOIRO > Os membros do Grupo Municipal do BNG de Boiro, que forman parte do equipo de goberno, compareceron en rolda de prensa para dar conta das obras e inversións que se van realizar en cada parroquia con cargo ós presupostos municipais. Os propios veciños, a través das entidades e asociacións de cada parroquia, foron os encargados de escoller as inversións a realizar.

máis ...
 
A corporación municipal debaterá no pleno o proxecto de mellora do litoral boirés
Martes, 17 Xaneiro 2006

BOIRO > A corporación municipal de Boiro celebrará o próximo xoves un pleno de carácter ordinario no que se abordarán, entre outros temas, os proxectos de mellora en varios puntos do litoral boirés. A este respecto, o tenente alcalde do concello, Xoán Xesús Ares, mantivo hai uns días unha xuntanza co Xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, para aborda-los proxectos de creación de paseos marítimos nestas zonas.

máis ...
 
O sorteo da Primitiva deixa 2'3 millóns de euros en Ribeira
Luns, 16 Xaneiro 2006

RIBEIRA > A sorte volveu deixarse caer por Ribeira xa que o sorteo da Lotería Primitiva do sábado deixou na localidade un premio de 2’3 millóns de euros. Os afortunados foron un grupo de mozos ribeireses que xogaban os seis números da combinación gañadora. O boleto fora selado na Administración Número 1 de Ribeira, rexentada por Joaquín Valeiras Martínez, que xa ten repartido varios premios noutras ocasións.

máis ...
 
A Agrupación Local do PSOE da Pobra retira o seu apoio ós ediles socialistas
Luns, 16 Xaneiro 2006

POBRA > A comisión executiva da Agrupación Local do PSOE da Pobra do Caramiñal vén de retira-lo seu apoio institucional ós concelleiros do grupo municipal socialista polo incumprimento dos acordos consensuados entre as dúas partes. A decisión vén motivada principalmente pola actuación dos representantes municipais en relación á aprobación do PXOM posto que non informaron á agrupación da celebración do pleno nin respectaron a posición do partido que sempre manifestou o seu rexeitamento á proposta do goberno local.

máis ...
 
Isaac Maceiras exercerá a presidencia de Arousa Norte durante o 2006
Luns, 16 Xaneiro 2006

BARBANZA > Este luns tivo lugar o acto oficial de traspaso de poderes na Mancomunidade de Municipios Arousa Norte no transcurso dun pleno durante o cal se perfilaron tamén as liñas de actuación que seguirá a entidade este ano. O alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, cedeulle a presidencia ó seu homólogo pobrés, Isaac Maceiras,  que ocupará o cargo durante o 2006.

máis ...
 
O cemiterio do Castro será xestionado por unha comunidade de usufructuarios
Luns, 16 Xaneiro 2006

BOIRO > Os donos dos nichos e panteóns do cemiterio de Santa María do Castro mantiveron unha xuntanza para decidir a posta en marcha dunha comunidade de usufructuarios do recinto. No transcurso da reunión procedeuse á aprobación dos estatutos da comunidade e nomeáronse os cargos da xunta rectora. A nova comunidade constitúe a primeira en Galicia das súas características.

máis ...
 
Ruíz ve 'inviable' a construción dun novo matadoiro e avoga pola reforma parcial
Luns, 16 Xaneiro 2006

RIBEIRA > O tenente alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, referiuse ó deficitario estado das instalacións do matadoiro ribeirés que a día de hoxe, lonxe de prestar un bo servizo, soamente está a causar perdas. O deputado popular entende que é necesario e positivo o feito de que existan instalacións deste tipo pero apuntou a  urxencia de acometer unha reforma para adaptar as actuais dependencias ás esixencias da normativa europea.

máis ...
 
Un veciño ribeirés crea a Asociación de Afectados pola Vía Rápida do Barbanza
Venres, 13 Xaneiro 2006

BARBANZA > Na actualidade e cando a Consellería de Política Territorial está a acelera-los trámites para a conversión da Vía Autonómica do Barbanza, coñecida como Vía Rápida, en autovía son máis as persoas que veñen amosa-lo seu malestar pola elevada sinistralidade que presenta esta estrada. Unha destas persoas é Manuel Domínguez, un veciño de Ribeira que vén de da-los primeiros pasos para a fundación da primeira Asociación de Afectados por este vial na comarca.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Fin >>

Resultados 1548 - 1564 de 1730


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg