|
Luns, 12 Decembro 2005 |
|
RIBEIRA > O alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, ten previsto manter reunirase en Compostela co Director Xeral de Xustiza, Santiago Antonio Roura Gómez, co fin de analiza-las posibles solucións á situación xurdida a raíz da indemnización que debe afronta-lo armador do buque “Saleta” a consecuencia dun accidente producido na procesión na honra da Virxe do Carme celebrada en Aguiño no ano 1998. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 12 Decembro 2005 |
RIANXO > A Casa de Cultura Cuartel Vello de Rianxo foi o escenario esta pasada fin de semana da presentación do libro O xene da chuvia, do que é autor Xosé Ricardo Losada Vicente. No acto de presentación participaron ademais do autor os escritores, Anxo Angueira e Antón Riveiro Coello, así como o alcalde rianxeiro Pedro Piñeiro. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 12 Decembro 2005 |
|
RIANXO > Hai uns días o voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Rianxo, Xoán Bautista Mariño, mantivo unha xuntanza co Delegado Provincial de Vivenda, Carlos Bascuas, na que lle trasladou unha serie de propostas para mellora-lo aspecto da zona vella e conservar aqueles edificios históricos da vila.No transcurso da xuntanza tamén se analizaron outros temas de relevancia para o municipio como é a creación do polígono industrial de Té. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 09 Decembro 2005 |
|
RIANXO > Este venres presentábase en Rianxo o Plan Municipal Integral de Accesibilidade, unha iniciativa pioneira na comarca do Barbanza e financiada a través dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Traballo e Servizos Sociais, a Fundación ONCE e o propio concello rianxeiro. Os obxectivos do Plan non son outros que diagnostica-lo estado e o tratamento da accesibilidade no municipio co fin de elimina-las barreiras existentes en urbanismo, edificación e transporte e así facilita-la accesibilidade a tódalas persoas con algún tipo de discapacidade. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 09 Decembro 2005 |
|
BARBANZA > As Policías Locais de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo dispoñen dun vehículo dotado con radar e alcolímetro que lle foi entregado pola Subdelegación do Goberno na Coruña. A partir de agora na comarca aumentarán os controis de tráfico, fundamentalmente nas vías urbanas, co fin de evita-lo alto número de accidentes que se rexistran nas estradas da zona. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 08 Decembro 2005 |
|
POBRA > O departamento de Servizos Sociais do concello da Pobra do Caramiñal vén de poñer en marcha a campaña informativa de Nadal "Un xoguete, un mundo”. O obxectivo é ofrecer información detallada sobre os xogos de calidade que resulten máis axeitados ás necesidades lúdicas e pedagóxicas dos nenos. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 08 Decembro 2005 |
|
BOIRO > O executivo boirés está a manter unha serie de xestións coa Dirección Xeral de Patrimonio para levar a cabo varias actuacións no municipio e que afectan a bens catalogados por este organismo. Algúns dos proxectos que baralla o goberno local son a mellora do entorno da igrexa de Lampón ou a construción dun novo acceso ó templo de Abanqueiro. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 08 Decembro 2005 |
|
RIBEIRA > O grupo municipal do BNG de Ribeira vén de manifestar o seu desacordo ante a posible colocación dunha antena de telefonía móbil no lugar da Revolta da Lomba en Palmeira. No caso de que esta actuación se leve a cabo, os nacionalistas solicitan ó concello a presentación dun informe de avaliación ambiental que garanta a seguridade desta instalación. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 1599 - 1615 de 1690 |