|
Xoves, 22 Decembro 2005 |
|
RIBEIRA > O concello de Ribeira ten previsto iniciar o expediente de contratación das obras de “Recuperación do núcleo histórico e mariñeiro de Corrubedo. Os traballos contan cun orzamento inicial de douscentos dezanove mil euros e un prazo de execución de catro meses. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 22 Decembro 2005 |
|
POBRA > Veciños da zona do Conchido, na parroquia pobresa de San Isidoro de Postmarcos, denunciaron hoxe a situación medioambiental que están a padecer a consecuencia da rotura dunha tubería da estación de bombeo existente na zona. A pesar de poñe-lo problema en coñecemento da Alcaldía aínda non se lles deu unha solución satisfactoria indo a para-los vertidos directamente ó mar. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 22 Decembro 2005 |
|
RIANXO > A Vicepresidenta primeira da Mesa do Parlamento e deputada do BNG, Tereixa Paz, xunto cos deputados Beatriz Sestayo do PsdeG-PSOE e Xesús Palmou do PP, desprazáronse esta mañá ata o colexio de educación primaria Brea Segade de Taragoña. A razón da súa visita non era outra que cumprir cun compromiso adquirido cos alumnos de 5º e 6º de Primaria deste centro educativo hai unhas semanas durante unha excursión organizada á Camara galega na que solicitaron a atención dos políticos ás deficiencias que presenta o colexio. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 21 Decembro 2005 |
|
POBRA > O incremento dos roubos en establecementos comerciais da Pobra do Caramiñal durante as últimas semanas está a levantar unha certa preocupación na localidade, especialmente no sector empresarial. Este mércores representantes da patronal local mantiveron unha xuntanza no concello co alcalde, Isaac Maceiras, e co comandante dos postos da Garda Civil de Boiro e Pobra, así como tamén co Xefe da Policía Local, co fin de buscarlle unha solución ó problema. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 21 Decembro 2005 |
|
BOIRO > O importante número de baixas rexistradas no corpo da Policía Local de Boiro obrigou a suspende-lo servizo nocturno durante os martes, mércores e xoves de xeito indefinido. As chamadas que reciba a policía boiresa entre as once da noite e as sete da mañá serán desviadas ó cuartel da Garda Civil. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 21 Decembro 2005 |
|
BOIRO > A corporación municipal de Boiro celebrou este mércores un pleno con carácter extraordinario para debate-los termos do convenio entre Eroski e o concello. No caso de chegarse a acordo, a finca e o Pazo de Goiáns pasarían de novo a ser de titularidade municipal a cambio da recalificación dos terreos situados na zona da Pedreira. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 20 Decembro 2005 |
|
BOIRO > O Secretario de Organización e Acción Electoral do PsdeG-PSOE, Ricardo Varela, asistiu onte pola noite en Boiro a unha reunión da executiva comarcal desta formación política. A xuntanza encádrase no calendario de visitas de Ricardo Varela ás agrupacións locais para coñecer de primeira man a situación do partido en cada zona co fin de fortalece-la organización de cara as eleccións municipais do ano 2007. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 20 Decembro 2005 |
|
POBRA > A Asociación de Veciños Santa Cruz da Pobra do Caramiñal vén de denunciar o mal estado no que se atopan varios camiños situados na parroquia pobresa. Os afectados xa teñen reclamado melloras por parte do concello en reiteradas ocasións pero ata o momento non obtiveron resposta. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 1616 - 1632 de 1730 |