Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA
 
 
Novas do Barbanza
O Delegado Industria visita Rianxo
Mércores, 14 Decembro 2005

RIANXO > O Delegado Provincial da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Luís Barcia, visitou Rianxo co fin de interesarse por varios proxectos que ten en marcha este departamento no municipio como é o caso das obras do actual mercado municipal ou a urbanización do entorno da Praza de Padrón e o Paseo da Ribeira.

máis ...
 
Nova embarcación para a Confraría de Pescadores da Pobra
Mércores, 14 Decembro 2005
POBRA > A Conselleira de Pesca, Carme Gallego, na visita realizada esta mesma tarde á Pobra do Caramiñal, a onde acudiu para presidi-lo acto de entrega da embarcación “Praia dos Raposiños” á Confraría de Pescadores da localidade. A embarcación virá a mellora-la produción dos bancos marisqueiros e será destinada a labores de rexeneración, control e limpeza de augas.
máis ...
 
O polígono industrial da Teixoeira máis preto
Mércores, 14 Decembro 2005
POBRA > Isaac Maceiras valorou moi positivamente a xuntanza mantida coa Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, durante a cal se analizaron diversos asuntos de importancia para o municipio.Tanto a titular de Vivenda coma o rexedor pobrés coincidiron na necesidade de habilitar chan industrial na localidade e a construción de máis pisos de protección para facilita-lo acceso dos xoves á súa primeira vivenda.
máis ...
 
Novo escándalo urbanístico en Boiro
Martes, 13 Decembro 2005
BOIRO > Cristina Silva, unha veciña de Boiro ten previsto presentar unha denuncia contra o Alcalde, Xosé Deira, o Concelleiro de Urbanismo, Xoán León, e mesmo o secratario municipal por un presunto delicto de prevaricación.
máis ...
 
Veciños do Pazo reclaman máis seguridade na CP-7.202
Martes, 13 Decembro 2005
RIANXO > Veciños do lugar do Pazo en Rianxo reclaman a adopción dunha serie de melloras na estrada provincial CP-7.202 que veñan a mellora-la seguridade vial neste tramo de entrada á localidade no que se produce un alto número de accidentes. Esta non é a primeira vez que denuncian esta situación.
máis ...
 
Máis vixilancia policial na Pobra
Martes, 13 Decembro 2005

POBRA > A Policía Local da Pobra do Caramiñal ten previsto incrementa-la vixilancia no municipio a raíz dos roubos acontecidos nos últimos días.Nestas laboras a Policía Local pobresa contará coa colaboración dos axentes da Garda Civil.

máis ...
 
Abertas as contas para axudar ó armador do "Saleta"
Luns, 12 Decembro 2005
RIBEIRA > O alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, ten previsto manter reunirase en Compostela co Director Xeral de Xustiza, Santiago Antonio Roura Gómez, co fin de analiza-las posibles solucións á situación xurdida a raíz da indemnización que debe afronta-lo armador do buque “Saleta” a consecuencia dun accidente producido na procesión na honra da Virxe do Carme celebrada en Aguiño no ano 1998.
máis ...
 
Xosé Ricardo Losada presenta en Rianxo O xene da chuvia
Luns, 12 Decembro 2005
RIANXO > A Casa de Cultura Cuartel Vello de Rianxo foi o escenario esta pasada fin de semana da presentación do libro O xene da chuvia, do que é autor Xosé Ricardo Losada Vicente.
No acto de presentación participaron ademais do autor os escritores, Anxo Angueira e Antón Riveiro Coello, así como o alcalde rianxeiro Pedro Piñeiro.
máis ...
 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Fin >>

Resultados 1633 - 1649 de 1730


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg