Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA
 
 
Novas do Barbanza
Iníciase a segunda fase das obras de saneamento integral da conca do Río Coroño
Mércores, 07 Decembro 2005

BOIRO > A empresa Fermín Simal López vén de inicia-las obras da segunda fase para a implantación de colectores no Río Breiro, actuación coa que queda rematado definitivamente o proxecto.

máis ...
 
A autovía do Barbanza non estará adxudicada ata o mes de xaneiro
Mércores, 07 Decembro 2005

BARBANZA > A adxudicación das obras da autovía do Barbanza realizarase durante o mes de xaneiro, o que constitúe unha demora con respecto á data fixada inicialmente para o trinta de novembro. O motivo do retraso é a solicitude dun novo informe técnico que servirá como elemento de contraste para que a Administración tome a decisión máis axeitada. Así mesmo, a Xunta está a negociar a creación de infraestruturas para a implantación das canalizacións de gas natural e fibra óptica no Barbanza.

máis ...
 
O empresariado de Boiro apoia o Plan Parcial de Barraña
Venres, 02 Decembro 2005

BOIRO > O sector empresarial da construcción de Boiro amosou o seu apoio ó Plan Parcial de Barraña nunha reunión celebrada onte na sede da Asociación Boirense de Empresarios. Os representantes do concello expuxeron o proxecto e aclararon as númerosas dúbidas dos constructores que amosaron un grande interese por levar a cabo o plan parcial.

máis ...
 
A Consellería de Pesca revisará o Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria
Venres, 02 Decembro 2005

RIBEIRA > O BNG de Ribeira vén de amosa-lo seu desacordo ante o Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria nas costas galegas. Este proxecto afectaría a preto de catrocentos mil metros cadrados do municipio coa ampliación dun parque e a creación dun complexo novo en zonas protexidas medioambientalmente. Polo momento, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos xa anunciou a revisión do plan aprobado polo anterior goberno da Xunta.

máis ...
 
Os veciños culpan ó concello de Boiro do estado de abandono do núcleo de Exipto
Xoves, 01 Decembro 2005

BOIRO > Un grupo de veciños do lugar de Exipto, en Boiro, vén de amosar o seu malestar ante o estado de abandono no que se atopa o seu núcleo de residencia. Os afectados denuncian o lamentable aspecto que presentan os viais e beirarrúas da zona que supoñen ademais un perigo debido ós desniveis, socavóns e obstáculos existentes. Os veciños xa presentaron reclamacións no concello en repetidas ocasións pero, ate o de agora non obtiveron resposta algunha por parte da administración local.

máis ...
 
O Parlamento rexeita a moción dos populares sobre o porto exterior de Ribeira
Xoves, 01 Decembro 2005

RIBEIRA > A moción sobre a ampliación do porto exterior de Ribeira, presentada polo deputado do PP Manuel Ruíz, foi rexeitada onte no Parlamento Galego. Durante a sesión Ruíz criticou a 'falla de vontade' do goberno para a consecución desta actuación, mentres que socialistas e nacionalistas defenderon a viabilidade desta obra pero non dentro dos prazos 'irreais' propostos polos populares

máis ...
 
O PP de Boiro acusa ó concello de especular cos terreos públicos
Martes, 29 Novembro 2005

BOIRO > O PP de Boiro vén de acusar ó tripartito de 'falla de transparencia' na negociación do convenio entre o concello e Erosmer Ibérica. Segundo os populares, os termos do acordo contemplan a enaxenación de propiedades tanto públicas como privadas con intereses 'meramente especulativos'.

máis ...
 
A ABE manifesta o seu malestar ante unha nova emitida pola TVG
Luns, 28 Novembro 2005

BOIRO > A movida nocturna de Boiro segue a ser orixe de polémica. Nesta ocasión, non se tratou dun desacordo entre empresarios e veciños senón que o problema centrouse nunha nova emitida pola Televisión de Galicia o pasado 23 de novembro.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Fin >>

Resultados 1650 - 1666 de 1730


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg