Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA
 
 
Novas do Barbanza
O PP de Boiro acusa ó tripartito de malgasta-los fondos municipais
Mércores, 23 Novembro 2005

BOIRO > O PP de Boiro vén de amosar o seu desacordo ante o estado de abandono que presenta o edificio da futura gardería e centro de día. Segundo os populares, as instalacións atópanse cheas de maleza e lixo ofrecendo un aspecto lamentable no entorno do paseo marítimo. Así mesmo, o grupo popular denuncia o retraso na posta en marcha deste servizo, xustificada polo tripartito pola falla de fondos procedentes da Xunta.

máis ...
 
O PP acusa ó bipartito de discriminar ós concellos en función da súa cor política
Martes, 22 Novembro 2005
RIBEIRA > Esta fin de semana numerosos representantes do PP mantiveron un encontro en Ribeira no transcurso do cal analizaron a política do executivo autonómico nos tres meses do goberno bipartito na Xunta de Galicia. O balance foi altamente negativo, acusando á Administración de favoritismos e discriminación dos concellos en función da súa cor política. Nesta liña, pediron sensatez ó goberno para non anular obras xa licitadas ou cancelar convenios que favorecen ós núcleos rurais.
máis ...
 
A vía rápida do Barbanza cóbrase unha nova víctima mortal
Martes, 22 Novembro 2005

RIBEIRA > Cara á unha da tarde do pasado luns día 21 tivo lugar un novo accidente na vía rápida do Barbanza á altura da sáida de Taragoña, en Rianxo. A colisión entre un camión e un turismo saldouse cunha vítima mortal, unha muller de corenta anos veciña de Boiro. Como consecuencia do sinistro, a estrada tivo que permanecer cortada durante varias horas.

máis ...
 
Alcaldes PP critican a política de obras do bipartito
Xoves, 17 Novembro 2005
A decisión adoptada recentemente pola Xunta de Galicia de deixar sen efecto convenios subscritos polo anterior executivo galego está a desata-la polémica en varios concellos da comarca do Barbanza. As obras previstas no medio rural da zona que se viron afectadas pola anulación deses acordos suman un importe global próximo ó millón catrocentos mil euros. Varios concellos da comarca, como é o caso de Ribeira, Pobra do Caramiñal ou Rianxo veñen de recibir notificacións da Consellería do Medio Rural, nas que se lle comunica a anulación das obras.
máis ...
 
A Consellería de Política Territorial estudará o proxecto da ponte do Río Coroño
Xoves, 17 Novembro 2005
O delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Jacinto Parga, visitou esta mañá o concello de Boiro para atende-las principais demandas efectuadas polo executivo local sobre as necesidades do concello. O representante autonómico comprometeuse a estuda-lo proxecto de construción dunha nova ponte sobre o Río Coroño, posto que a actual atópase case en fase de derrube.
máis ...
 
Fernández Moreda presenta en Ribeira o Plan Estratéxico da provincia
Martes, 25 Outubro 2005
O presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda, co fin de presenta-lo plan estratéxico, unha iniciativa que pretende poñer en marcha o organismo provincial para analiza-las eivas e as potencalidades existentes nas comarcas da provincia da Coruña e artellar liñas de actuación de cara o futuro
máis ...
 
A Deputación levará a cabo a 2ª fase da estrada do Comandante
Martes, 25 Outubro 2005
O Presidente da Deputación Provincial da Coruña anunciou a realización da segunda fase do proxecto de ensanche e mellora da seguridade vial na estrada provincial 7.309, coñecida como da Casa do Comandante-Ás Saíñas, unha actuación cun presuposto de 431 mil euros e que virá a unirse ó acondicionamento dun tramo xa realizado nesta mesma estrada con anterioridade.
máis ...
 
A Deputación mellorará o Cine Elma
Martes, 25 Outubro 2005
Técnicos da Deputación Provincial da Coruña estiveron inspeccionando esta mañá o Cine Elma co fin de evalua-lo seu estado e proceder á realización dun informe que posibilitará unha actuación inmediata para evita-lo seu deterioro.
máis ...
 
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 Seguinte > Fin >>

Resultados 1667 - 1683 de 1730


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg