RIBEIRA > O cadáver dunha anciá foi localizado esta mañá aboiando a unha milla e media da costa de Ribeira.
RIANXO > O tribunal do contencioso administrativo vén de ordenar o derrube dun edificio posto que a licenza de edificación non se axusta á legalidade.
BARBANZA > A apertura total da vía rápida do Barbanza, anunciada para a próxima semana, non cumpre as expectativas dos empresarios da comarca.
POBRA > Pedro Fernández Iglesias será o novo xefe da policía local da Pobra. Este martes tivo lugar o acto de toma de posesión do cargo.
BARBANZA > A Conselleira de Política Territorial anunciou en Ribeira a apertura do treito da vía rápida entre Ribeira e Boiro dende este luns.
POBRA > O xuíz vén de desestimar o recurso interposto por un dos opositores ó concurso para a adxudicación da praza de director do museo Valle-Inclán.
RIANXO > O rexedor rianxeiro asegurou hoxe que nunca se negou a oposición documento algún do expediente.
POBRA > Isaac Maceiras presidiu o acto de izado das bandeiras azuis nos tres areais ós que lle foi concedido este ano o distintivo: a Illa, a Barca e Cabío.
Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas