|
Xoves, 27 Abril 2006 |
|
PONTEVEDRA > O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, e a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Marisol Bueno, asinaron hoxe un convenio de colaboración. Tratan de potenciar o sector vitivinícola a través da mellora da comercialización e exportación, a innovación tecnolóxica, e a formación continua. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 24 Abril 2006 |
|
POIO > O concello de Poio axudará á cidade palestina de Belén a levantar a súa economía. O alcalde Luciano Sobral recibiu ó seu homónimo palestino Víctor Batarseh o pasado sábado, dentro dunha rolda de visitas que continuou logo en Pontevedra e Santiago. O alcalde de Belén explicoulles a difícil situación que viven os habitantes desta cidade trala construcción do muro israelí. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 24 Abril 2006 |
|
PONTEVEDRA > 4 anos de prisión e 6 de inhabilitación para a obtención do permiso de conducir, ademais de indemnizacións millonarias: esa poderá sela pena máxima á que se enfronte Hugo Piñeiro, o mozo que saía en liberdade con cargos, acusado de 5 homicidios por imprudencia grave. Polo momento, o xuíz de Cambados adoptou contra el a primeira medida cautelar, pola que se lle prohibe obter o permiso de conducir ata a resolución en firme do proceso. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 20 Abril 2006 |
|
POIO > Un veciño de Poio, A. V. B. de 58 anos de idade, perdeu a vida esta tarde nun accidente de circulación. O falecido conducía un motocultor na estrada Casalvito - Pereiro, en San Xoan de Poio, e probablemente por un despiste precipitouse co vehículo por un terraplén. O corpo sen vida foi atopado en torno ás cinco da tarde polo conductor dun autobús escolar. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 20 Abril 2006 |
|
PONTEVEDRA > Dous individuos secuestraron esta mañá ó interventor dunha sucursal de Caixanova en Pontevedra para acceder á caixa forte da entidade bancaria. O traballador foi abordado preto da súa casa e introducido nun vehículo roubado para trasladalo posteriormente á Caixa. Cando se decataron de que non tiña as chaves necesarias, fuxiron sen deixar rastro. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 19 Abril 2006 |
|
POIO > O delegado de Medio Rural en Pontevedra achegouse ata Poio para revisa-lo estado dunhas obras que ven de executa-lo seu departamento. Trátase da instalación das redes de saneamento e abastecemento de auga e do pavimentado dun vial que transcorre pola zona da Bouza, en San Xoan de Poio. No seu percorrido o delegado estivo acompañado polo rexedor local.
|
|
máis ...
|
|
|
Martes, 18 Abril 2006 |
|
PONTEVEDRA > O 25 de maio ás 20.00 horas terá lugar a entrega da undécimo edición do Premio Xoven Empresario do Ano no Pazo de Congresos de Pontevedra. O prazo de presentación de candidaturas remata o 15 de maio. Esta será a última edición dos premios con José Luís Vilanova como presidente, despois de 6 anos ó fronte de AJE. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 18 Abril 2006 |
|
POIO > O Concello de Poio contará este ano cun proxecto impulsado polo Premio Nobel da Paz e fillo adoptivo do municipio, Adolfo Pérez Esquivel, e que será coñecido como o Parque da Memoria. Para este importante monumento colaborarán personalidades da talla de Mijail Gorvachov, Nelson Mandela ou o Dalai Lama. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 341 - 357 de 400 |