Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow PONTEVEDRA
 
 
Novas de Pontevedra e comarca
A Deputación pon en marcha a Semana Branca na que participan mil escolares
Xoves, 09 Febreiro 2006

PONTEVEDRA > Máis de 900 estudantes de primeiro e segundo da ESO beneficiaranse este ano das semanas brancas 2006 que dende o ano pasado promove a Deputación de Pontevedra e que este ano conta coa colaboración incluso dalgún concello. As semanas brancas son viaxes nas que os rapaces se inician ó esquí nunha convivencia de cinco días na estación de San Isidro.

máis ...
 
O PP recolle máis de tres mil firmas en Pontevedra na campaña sobre o Estatut
Xoves, 09 Febreiro 2006

PONTEVEDRA > O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo estivo acompañado polo presidente e a vicepresidenta da Deputación e mais do Secretario Xeral do partido na praza da Peregrina recollendo sinaturas dentro do programa ‘Todos temos dereito a opinar’ . Na carpa recolléronse máis de tres mil sinaturas que pretenden incrementar coas que se recollan o sábado na Praza de Galicia de Vilagarcía.

máis ...
 
Expobaixas abre as súas portas esta fin de semana
Martes, 31 Xaneiro 2006

PONTEVEDRA > Este venres ás doce do mediodía será inaugurada no Recinto Feiral de Pontevedra ‘Expobaixas’ a feira de oportunidades para comerciantes. Un total de 87 stands porán á venda os seus stocks a un prezo especial para que todo o que se achegue alí durante a fin de semana se poida facer con auténticas gangas.

máis ...
 
O Salón do Libro Infantil de Pontevedra homenaxea a Mª Victoria Moreno
Martes, 31 Xaneiro 2006

PONTEVEDRA > O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a partir deste domingo o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que xa chega á súa sétima edición. Nesta ocasión as actividades da feira xiran en torno á natureza. A feira rendirá tamén unha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, recentemente falecida.

máis ...
 
Rastrexan o Río Lérez na busca dun posible afogado
Xoves, 26 Xaneiro 2006

PONTEVEDRA > Dende a noite do mércores están sendo rastrexadas sen éxito as marxes do río Lérez ó seu paso por Pontevedra. Uns viandantes atoparon nun banco do paseo ó carón da Ponte dos Tirantes uns botíns e unha cazadora, polo que dende o primeiro momento se pensou nun posible suicidio. Ata o momento non se produciu ningunha denuncia por desaparición nin se sabe nada do suposto desaparecido.

máis ...
 
Deteñen a uns rumanos por delicto de falsificación de tarxetas de crédito
Mércores, 25 Xaneiro 2006

PONTEVEDRA > Tres cidadáns rumanos, dous deles detidos pola Policía Local de Pontevedra, son os responsables de falsificar 26 tarxetas de crédito e utilizalas posteriormente para adquirir productos de alta gama, como teléfonos móbiles de última xeración, xoias ou perfumes. A provincia de Pontevedra, xunto con Santiago de Compostela, foron os lugares escollidos para efectua-los pagos coas tarxetas falsificadas.

máis ...
 
Deteñen a uns rumanos por delicto de falsificación de tarxetas de crédito
Mércores, 25 Xaneiro 2006

PONTEVEDRA > Tres cidadáns rumanos, dous deles detidos pola Policía Local de Pontevedra, son os responsables de falsificar 26 tarxetas de crédito e utilizalas posteriormente para adquirir productos de alta gama, como teléfonos móbiles de última xeración, xoias ou perfumes. A provincia de Pontevedra, xunto con Santiago de Compostela, foron os lugares escollidos para efectua-los pagos coas tarxetas falsificadas.

máis ...
 
Unha forte explosión de gas en Pontevedra puido rematar en traxedia
Venres, 20 Xaneiro 2006

PONTEVEDRA > Os veciños do edificio Torrado de Pontevedra recibiron un bo susto ó escoitar arredor da unha da tarde unha forte explosión no piso cuarto. Aínda que o estoupido desfixo  a cociña do inmoble non houbo que lamentar feridos de gravidade.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 Seguinte > Fin >>

Resultados 358 - 374 de 393


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg