|
Mércores, 04 Xaneiro 2006 |
|
PONTEVEDRA > Comisións Obreiras mantén outro fronte aberto coa administración. Neste caso en Pontevedra e contra o traslado da factoría de Ence, emprazada en Lourizán. O sindicato solicitou, sen resposta, unha reunión co conselleiro de Industria e urxe a convocatoria da mesa de concertación anunciada no seu día por Emilio Pérez Touriño. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 30 Decembro 2005 |
PONTEVEDRA > Unha persoa morreu e outras dúas resultaron feridas ó caer ó río Lérez un coche que circulaba pola Avenida das Corbaceiras, en Pontevedra. O accidente ocorreu cando, por causas que se descoñecen, o coche subiuse a beirarrúa e foise ó río. Os seus ocupantes dirixíanse ó traballo. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 28 Decembro 2005 |
|
PONTEVEDRA > Os mariscadores da ría de Pontevedra puideron volver xa a extraer navalla, aínda que se mantén a prohibición sobre os bancos de ameixa. Os barcos autorizados puideron saír cara o sector da ría que vai dende o interior ata a illa de Tambo. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 28 Decembro 2005 |
|
PONTEVEDRA > A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia mailo Concello de Pontevedra asinaron a finais de ano un convenio por valor de 90.000 euros que potenciará a labor da Oficina de Atención a Inmigrantes. |
|
máis ...
|
|
|
Mércores, 28 Decembro 2005 |
|
PONTEVEDRA > A provincia de Pontevedra supera cun notable alto o nivel de satisfacción dos turistas que nos visitaron durante o verán. A falta de sinalizacións e os malos accesos reciben as maiores críticas, anque preto do 99% dos turistas recomendarían a nosa provincia como destino turístico. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 16 Decembro 2005 |
|
PONTEVEDRA > Alberto Núñez Feijóo e Xosé Manuel Barreiro aínda non chegaron a acordo para unificar as súas candidaturas nunha soa lista. Feijóo estivo hoxe en Pontevedra para recoller os preto de 700 avais conseguidos nesta provincia, unha cifra máis que suficiente para presentar en solitario á carreira sucesoria do PPdeG. Con estes apoios o ex conselleiro de Política Territorial xa adiantou que terá moi presente a Pontevedra na nova dirección do partido en caso de chegar a presidente. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 16 Decembro 2005 |
|
PONTEVEDRA > Pontevedra inaugurou a Feira de Artesanía e Agasallos PONTENADAL. Máis de corenta casetas de distintos comercios, asociacións e ONGs que estarán abertas ó público na Praza de Teucro ata o vindeiro día 5 de xaneiro. |
|
máis ...
|
|
|
Venres, 16 Decembro 2005 |
|
POIO > Preto de corenta persoas participarán no segundo obradoiro de emprego que se desenvolverá no concello de Poio a partir do día 30. Os traballadores seleccionados terán unha dobre misión: formarse nos módulos de carpintería, cantería e xardinería e restaurar unha importante casa familiar que albergará a futura gardería municipal. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 375 - 391 de 400 |