Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES
 
 
Información Deportiva
As Torres asina un convenio para a promoción de deportistas
Mércores, 05 Novembro 2008

piraguismo250_051108.jpgCATOIRA > O Concello de Catoira colaborará co Club As Torres Romaría Vikinga nun programa de promoción de piragüismo, despois de ter asinado un convenio coas Federación Galega e Española. O obxectivo deste acordo é potenciar o perfeccionamento e a tecnificación dos deportitas para que poidan ter un futuro na alta competición.

máis ...
 
Mandisa Stevenson, nova xogadora do Extrugasa
Martes, 04 Novembro 2008

baloncesto250_041108.jpgVILAGARCÍA > Boas novas para o Extrugasa. Despois de varias semanas de búsqueda, a directiva xa deu coa xogadora interior que virá a suplir a Meredith Alexis. Trátase de Mandisa Stevenson, norteamericana e con experiencia na Liga Feminina española. Fichou ata o mes de decembro con posibilidade de amplia-lo contrato ata finais de temporada si convence ó cadro técnico.

máis ...
 
Prosigue a marcha imparable de Junquera e Barbeito
Martes, 04 Novembro 2008

futbolsala250_041108.jpgSALNÉS > Bos resultados os acadados polos conxuntos do Salnés na última xornada ligueira. Tanto Grupo Junquera como Hermanos Barbeito acadaron os tres puntos nos seus desplazamentos e continúan nos postos altos da táboa.

máis ...
 
O Rivas sufríu ata o final para vencer en Fontecarmoa
Luns, 03 Novembro 2008

baloncesto250_031108.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa estivo a piques de da-la sorpresa ante o Rivas Ecópolis pero ó final caeu por dous puntos de diferencia (61-63). As vilagarciáns supliron con esforzo e ambición as súas carencias no xogo interior e de profundidade de banquiño para poñer en serios apuros ó líder da Liga Feminina.

máis ...
 
O Arousa marabilla co seu xogo e golea ó líder Montañeros
Luns, 03 Novembro 2008

futbol250_031108.jpgSALNÉS > A mellor nova da xornada deuna o Arousa que fixo un partidazo na Lomba e goleou ó líder Montañeros (4-2). O Céltiga, pola súa banda, non puido co Compos e cae varios postos na xeral.

máis ...
 
O Céltiga busca seguir medrando a costa do Compos
Venres, 31 Outubro 2008

futbol250_311008.jpgSALNÉS > Dos encontros máis interesantes da xornada será o que dispute o Céltiga en San Lázaro ante o Compostela, terceiro contra cuarto. O Arousa, pola súa banda, recibe na Lomba ó líder da Terceira, o Montañeros.

máis ...
 
Verónica Miguéns remata segunda no trial de Vall d'Uixó
Xoves, 30 Outubro 2008

trial250_301008.jpgVILAGARCÍA > Estes días disputouse en Castellón a terceira proba puntuable para o Campionato de España de Trial. Alí estiveron presentes dous vilagarciáns, irmáns, Verónica e Carlos Miguéns, que tiveron actuacións destacadas nas súas respectivas categorías.

máis ...
 
O Tarbes foi demasiado equipo para un Extrugasa combativo
Xoves, 30 Outubro 2008

baloncesto250_301008.jpgSALNÉS > O Extrugasa caeu onte na Eurocup ante o Tarbes (83-52). As vilagarciáns aguantaron ben durante os tres primeiros cuartos pero non puideron co empuxe local nos últimos minutos. Ó final, a diferencia foise máis alá dos trinta puntos.

máis ...
 
Terceira victoria para o Est. Otero que o sitúa segundo
Mércores, 29 Outubro 2008

tenisdemesa250_291008.jpgSALNÉS > O Establecimientos Otero continúa a súa boa marcha pola División de Honra nacional. A súa última víctima foi o Ripollet, ó que superou sen problemas. Tamén gañou o Grupo Barros que continúa lider de Segunda Nacional.

máis ...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

Resultados 20 - 38 de 482


Os nosos bloggers
Advertisement