|
Martes, 18 Abril 2006 |
|
VILAXOÁN > O Campionato Galego de bateis que se disputa esta fin de semana terá unha ampla representación do Salnés. Na clasificatoria celebrada este sábado e domingo en Vilaxoán conseguiron un posto para o galego 9 embarcacións, tres do Vilaxoán, catro de Mecos, unha de Amegrove e outra do San Martiño. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 18 Abril 2006 |
|
SANXENXO > O movistar xa está en Baltimore, Estados Unidos, e ocupa a segunda posición na xeral en detrimento da segunda unidade holandesa do equipo ABN AMRO, que agora ocupa a terceira praza do podio. Mentres transcorre a regata, desde Sanxenxo estase a organizar unha viaxe para asistir ó final da Volta ó Mundo, en Goteborg, Suecia, o 17 de xuño. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 17 Abril 2006 |
|
VILAGARCÍA > Vilagarcía despediu este domingo catro días dedicados ó baloncesto. Nesta undécima edición da Vilagarcía Basket Cup, o trofeo foi levantado polo Zalgiris Kaunas, logo de impoñerse na final ó Adecco Estudiantes. A organización entregou ademais o premio ó mellor xogador do torneo ó ruso Khvostov, do Dynamo de Moscú. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 10 Abril 2006 |
|
VIGO > Os regatistas Antón Paz, Fernando Echávarri e Tamara Echegoyen foron recoñecidos como mellores deportistas da provincia de Pontevedra na gala do Deporte da Deputación. O organismo provincial recoñeceu o traballo de 26 deportistas que acadaron a condición de finalistas. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 04 Abril 2006 |
|
POIO > O club ciclista Monte Abaixo presentouse esta fin de semana no concello de Poio. O equipo adéstrase en Samieira e está conformado por seis corredores que esperan dalo todo no campionato Galego de mountain bike. No apartado económico xa contan co patrocinio de tres empresas e do propio concello de Poio. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 04 Abril 2006 |
|
VILAGARCÍA > O deste domingo foi un partido de trámite para o Extrugasa Arousana que goleou ó Zamora en Fontecarmoa. Tres puntos que manteñen ó cadro de Celso Couso en cabeza no grupo segundo de Liga Nacional Feminina. Nesta xornada o míster botou man das menos habituais e a afección volveu a ver no terreo de xogo a Marta Cortés, afastada nos últimos meses por lesión. |
|
máis ...
|
|
|
Martes, 28 Marzo 2006 |
|
A ILLA > A actual directiva do Céltiga pasa o relevo. A xunta que preside o clube decidiu en asemblea, esta fin de semana, que xa vai sendo hora de que outros tomen o mando do histórico clube arousán. |
|
máis ...
|
|
|
Luns, 27 Marzo 2006 |
|
SANTIAGO > A Federación Galega de Baloncesto entregou a Sara Gómez o premio á mellor deportista feminina de 2006. A xogadora do Extrugasa recibiu este galardón o venres pola noite no transcurso da Basketgal, a gala do baloncesto galego. O premio ó mellor deportista masculino foi para o base do Breogán, Javi Rodríguez. |
|
máis ...
|
|
|
Xoves, 23 Marzo 2006 |
|
CAMBADOS > O recentemente elixido seleccionador do combinado español de baloncesto, José Vicente Pepu Hernández, apadriñou este xoves o arranque da undécima edición da Vilagarcía Basket Cup. O acto celebrouse nas adegas Martín Códax en Cambados. Os partidos dispútanse como sempre en semana santa, entre o 13 e o 16 de abril. |
|
máis ...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 Seguinte > Fin >>
|
| Resultados 457 - 475 de 520 |