|
Portos anuncia a creación dun novo pantalán no peirado da Chousa |
|
Mércores, 26 Xaneiro 2011 |
|
COMBARRO> Así o anunciou esta mañá o Presidente de Portos de Galicia na visita ó remate das obras que se realizaron neste porto.
Esta mañá o Presidente de Portos de Galicia xunto ó alcalde de Poio visitaron o remate das obras de ampliación e rehabilitación no antigo peirao da Chousa, en Combarro. Neste encontro, o responsable do organismo portuario anunciou a creación dun pantalán de embarcacións tradicionais que terá unha lonxitude de dezaoito metros.
O traballo feito ata o de agora ven a equipar o nivel do total da superficie do histórica porto, que ata o momento sufría unha nivelación irregular. As obras consistiron na reorganización dos espazos e do tráfico, pavimentación e mellora no vial.
Con todo, o alcalde de Poio, Luciano Sobral destacou que esta actuación, na que se inverteron preto de seiscentos mil euros, permitirá compaxinar a vida profesional e turística da zona.
Aproveitando a visita, Álvarez Campana reiterou a súa intención de presentar na primeira quincena de febreiro o proxecto de remodelación para os portos de Raxó e Covelo.
Redacción Salnés
|