Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow 'O Consorcio Provincial de Bombeiros permitirá aforrar costes'
 
 
'O Consorcio Provincial de Bombeiros permitirá aforrar costes'
Venres, 18 Febreiro 2011

fotoruedacopia.jpgRIBADUMIA> Alfonso Rueda visitou o Consorcio de Bombeiros do Salnés. Fíxoo despois de que onte a Xunta aprobara O consorcio provincial de Pontevedra.

Alfonso Rueda visitou esta mañá o Consorcio de Bombeiros do Salnés acompañado do Presidente da Deputación, Rafael Louzán e dos alcaldes dos concellos da zona.

 Tanto Rueda como Louzán quixeron destacar a importancia da colaboración entre administracións para levar a cabo proxectos coma este, que permitirá poñer en marcha o primeiro consorcio de bombeiros provincial en Pontevedra.

O obxectivo deste consorcio é mellorar o servizo que se presta os cidadáns aforrando ademais os costes.

Outro dos campos no que permitirá avanzar a centralización e no da especialización. De maneira que cada un dos parques de bombeiros da provincia profundice nunha área para ofrecer un mellor servizo ós cidadáns.

Este parque do Salnés especializarase nos traballos con cans rastreadores e nos servizos de mergulladores. O do Morrazo farao en rescates en altura e o de Porriño en emerxencias con risco químico.

Pontevedra conta hoxe en día con 5 parques de bombeiros, algo que segundo dixo o conselleiro fai 10 anos semellaba imposible.

Esta centralización permitirá un aforro de entre 80 e 100 mil euros. E porase en marcha de maneira inmediata.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?