| Paso adiante no Proxecto Life no porto da Pobra |
|
|
| Xoves, 06 Outubro 2005 | |
|
O presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, visitou esta mañá o concello da Pobra do Caramiñal co obxectivo de supervisa-la marcha do proxecto de implantación do sistema de xestión medio ambiental que se está a implantar de xeito pioneiro no porto pobrés.
O ente Portos de Galicia dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, está a desenvolver no porto da Pobra do Caramiñal un proxecto de implantación do Sistema de Xestión Medio Ambiental Comunitario, Emas, unha experiencia piloto financiada polo Programa Life-Medio Ambiente da Unión Europea. O custe total deste programa ascende a máis de 362 mil euros, dos cales o Programa Life financia un total de 137 mil. Co fin de comproba-la marcha desta iniciativa esta mañá trasladouse ata o porto pobrés o presidente deste organismo, Vicente Irisarri, que explicou as razóns que levaron a escolle-lo peirao da Pobra para realizar este proxecto. Segundo Vicente Irisarri o proxecto que está a levarse a cabo na Pobra é verdadeiramente satisfactorio, destacando a implicación na iniciativa por parte dos axentes locais. O propio presidente de Portos de Galicia sinalou tamén que as conclusións obtidas desta experiencia no peirao da Pobra do Caramiñal, coa que se pretende mellora-lo medio ambiente nos portos comerciais, pesqueiros e deportivos poderá ser extrapolable a outros portos da Unión Europea. Vicente Irisarri aproveitou ademais a ocasión para presenta-la páxina web do Programa Life ós técnicos da Unión Europea, unha das ferramentas fundamentais de difusión desta iniciativa.
|




