| Orixínase un pequeno incendio na fábrica de Ence |
|
|
| Martes, 21 Marzo 2006 | |
|
PONTEVEDRA > O luns pola noite orixinouse un pequeno lume na fábrica de Ence. O incendio, de pequenas dimensións, orixinouse dentro do túnel da cinta de transporte de astilla no proceso de produción da factoría. Tan pronto como se tivo coñecemento do incidente foi activado o Plan Sectoial de Emerxencia Interior e procedeuse á súa extinción. Tras recibiren aviso, os Bombeiros completáronse os labores de extinción. Aínda que non se coñecen as causas e se investiga na orixe do lume todo apunta a un cortociruito na instalación eléctrica. A producción da fábrica non se viu afectada e continuou o proceso con toda normalidade. E con toda normalidade continuará tamén a actividade e o plan de inversións en mantemento da factoría do complexo de Lourizán, segundo o comentou o director de fábrica en relación co comunicado ó comité de traballadores de que, ante o futuro incerto da fábrica non se contemplan inversións en modernización da factoría. Redacción Salnés |




