Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Pesca e turismo nunhas xornadas promovidas polo GAC
 
 
Pesca e turismo nunhas xornadas promovidas polo GAC
Martes, 22 Febreiro 2011

GAC_SANXENXOcopy.jpgSANXENXO> Esta iniciativa, titulada 'A sostenibilidade costeira desde o sector turístico' desenvolverase a próxima semana.

O grupo de acción costeira ría de Pontevedra presentou esta mañá as unhas xornadas coas que pretenden promover o turismo en relación co sector pesqueiro.

Estas xornadas, que se desenvolverán o luns e o martes da semana que ven, teñen como obxectivo contribuir á difusión do grupo de acción costeira no territorio e á promoción do turismo sostible na Ría de Pontevedra.

As xornadas están dirixidas a a tódolos membros do sector pesqueiro que están a desenvolver actividades turísticas complementarias ou que están pensando en facelo. E á súa vez tamén ós empresarios adicados ó turismo para darlles a coñecer as posibilidades do turismo sostible a través do Gac.

Unha das bazas máis importantes do sector turístico na ría de Pontevedra é a presenza do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Un atractivo que dende o grupo consideran que no sé está a empregar o suficiente e que queren poñer en valor.

As xornadas celebrarranse na sede da Confraría de Portonovo e todo o que queira participar pode inscribirse no correo electrónico Este correo electrónico está protexido de \”Spam Bots\”, debes ter Javascript activado no teu navegador .

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?