Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O II Simposio Iberoamericano de Eucalyptus Globulus celebrarase en outubro
 
 
O II Simposio Iberoamericano de Eucalyptus Globulus celebrarase en outubro Imprimir Correo electrónico
Martes, 21 Marzo 2006

PONTEVEDRA > A CÁTEDRA Ence da Universidade de Vigo organiza coa colaboración da Xunta de Galicia o segundo Simposio Iberoamericano de Eucalyptus Globulus. A primeira edición tivo lugar en Uruguai fai dous anos e serve de punto de reunión e encontro para empresas, centros de investigación e outros organismos.

Continuar co legado do primeiro simposio en Uruguai. Ese é un dos obxectivo que persegue a segunda edición do simposio iberoamericano ‘Eucalyptus Globulus’ que se celebrará en Pontevedra os 17 e e 20 de outubro e que coincide en datas, intencionadamente, con Forestalia 2006.

Ó simposio, que conta co apoio da Unión Internacional de Organismos Forestais, asistirán importantes personalidades de diferentes nacionalidades. Durante a presentación do simposio, na que se expuxeron as fotografías presentadas ó concurso dos representantes de estudantes de enxeñeiros forestais, o director de fábrica de Ence, resaltou a vocación desta empresa forestal en potenciar este tipo de eventos sobre o sector en colaboración coa Universidade.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg