Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow CC.OO fala da hipocresía do Día da Muller Traballadora
 
 
CC.OO fala da hipocresía do Día da Muller Traballadora
Mércores, 09 Marzo 2011

mujertrabajadora copia100.jpgSALNÉS> A desigualdade entre homes e mulleres no mercado laboral continúa sendo unha realidade.

 O desemprego, a precariedade laboral e a economía sumerxida, afectan máis as mulleres que os homes. No ámbito comarcal de Arousa a desigualdade se mantén, cun número de contratos asinados por mulleres no 2010 que foi de 15.856, un 43,46% do total das contratacións.

Segundo este estudo realizado polo sindicato Comisións Obreiras, as mulleres entre 30 e 34 anos son as máis afectadas polo desemprego en Arousa. Ademais, moi poucas ocupan postos de alta cualificación e remuneración. Unhas cifras que fan que o sindicato tache de hipócritas as celebracións do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

O sindicato acusou ó goberno central de fomentar estes problemas con medidas como a reforma das pensións. Unhas normas que, aseguraron, fan máis precario o emprego e máis sinxelo o despido.

Comisións Obreiras recoñeceu que queda moito que facer para conseguir a igualdade laboral entre mulleres e homes, unha loita na que aseguraron non contar co apoio da administración e dos partidos políticos.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?