Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Torres Colomer, vicepresidente da Fundación do Museo do Gravado de Artes
 
 
Torres Colomer, vicepresidente da Fundación do Museo do Gravado de Artes Imprimir Correo electrónico
Venres, 24 Marzo 2006

RIBEIRA > O Museo do Gravado de Artes acolle dúas novas exposicións tituladas ‘Temas de Marc Chagall’ e ‘España en sombras: guerra, dictadura y democracia’. O acto de inauguración contou coa presenza dos patronos da propia fundación e a práctica totalidade dos alcaldes da comarca do Barbanza.

A xornalista e poetisa Eva Veiga foi a encargada de realiza-la presentación desta dúas novas exposicións do Museo do Gravado de Artes. No acto estiveron presentes entre outros o propio Javier Expósito, presidente da Fundación, Javier Blas, Subdelegado da Real Academia de Bellas Artes de Madrid e a práctica totalidade dos alcaldes da comarca, así como tamén a concelleira de Cultura de Santiago, Teresa García Sabell.

A primeira das mostras inauguradas baixo o título 'España en sombras: guerra, dictadura y democracia' está cedida pola Universidade de Cantabria e nela intégranse litografías, augafortes ou gravados de autores tan dispares coma Miró, Picasso, Saura ou Ibarrola.

A outra exposición inagurada foi ‘Temas de Marc Chagall’, un autor que destaca pola forza e o encanto das súas imaxes, onde o uso da cor e a búsqueda formal derivan en parte do expresionismo ruso e o cubismo e o surrealismo francés.

Con anterioridade os patronos da Fundación celebraron unha reunión na que acodaron nomear ó alcalde ribeirés, Xosé Luís Torres Colomer, coma vicepresidente da Fundación Museo do Gravado de Artes.

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg