|
GROVE> Miguel Devesa ostenta o cargo de presidente xunto a Vanesa Val, o cabeza de lista Francisco Pérez, José Ramón Parada e Biqui Solla.
A facción dos galeguistas oposta a Alfredo Bea, liderada por Francisco López, máis coñecido como Chesqui, presentaron os membros do Comité Electoral do Partido dos Galeguistas de O Grove, siglas coas que van concorrer nas vindeiras municipais.
O Comité Electoral está formado por Miguel Devesa, que ostenta o cargo de presidente, Vanesa Val, o cabeza de lista Francisco Pérez, José Ramón Parada e Biqui Solla.
A mala xestión realizada polo concello nos últimos catro anos e a necesidade dun cambio, explicaron, é un dos motivos polos que concorrerán nas vindeiras eleccións. Asuntos sen resolver coma o PXOM, o centro de día ou o pavillón municipal foron algúns dos exemplos que puxeron.
Por último escusaron a súa ausencia nos últimos anos para evitar escisións dentro do goberno local. Polo momento, o vindeiro sábado presentarán os seis primeiros postos da súa candidatura.
Redacción Salnés
|