Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Os parquistas de Carril reclaman o seu dereito a traballar
 
 
Os parquistas de Carril reclaman o seu dereito a traballar Imprimir Correo electrónico
Martes, 19 Abril 2011

parquistascarril2 copia.jpg VILAGARCÍA> O presidente da Agrupación pide a comerciantes e hostaleiros que desistan no intento de retirar os paus dos parques cultivo.

José Luis Villanueva explicou esta mañá o malestar que causaron na Agrupación de Parquistas as declaracións destes 3 colectivos. Segundo o presidente a praia de Compostela foi pagada con diñeiro público e é un areal totalmente diferenciado do dos parques de cultivo, terreos, segundo el, financiados íntegramente polos propios parquistas.

Ademais, segundo Villanueva, os parques non teñen por que supoñer un problema na imaxe da praia, simplemente hai que explicarlle ós turistas o traballo que se realiza neles e o que representan. E tampouco producen contaminación, posto que o que dana as augas son os verquidos sen control que se botan na praia. Dende a Agrupación consideran que a forma de proceder de comerciantes e hostaleiros non foi a adecuada.

José Luis Villanueva dixo ser consciente de que non tódolos membros destes colectivos pensan igual e pide responsabilidade ós seus presidentes.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?