Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow 17 establecementos e un menú degustación por un prezo único
 
 
17 establecementos e un menú degustación por un prezo único
Xoves, 12 Maio 2011

sanxenxo_degustacopy.jpgSANXENXO> Isto é 'Sanxenxo Degustación'. Unha iniciativa de Turismo de Sanxenxo que pretende promocionala gastronomía local.

A proposta, que recibe o nome de Sanxenxo Degustación, consiste en ofrecer ós clientes dos 17 establecementos participantes a posibilidade de degustar menús a un prezo único de 25 euros por persoa.

Os menús constan de catro pratos principais: dous entrantes, un primeiro prato e un segundo. Pero Sanxenxo Degustación permite a posibilidade de degustar un menú diferente en cada un dos establecementos con produtos que escollerán en función da época do ano.

O único requisito e facela reserva con 48 horas de antelación en cada un dos establecementos participantes.

Para a promoción desta iniciativa, Turismo de Sanxenxo creou unha páxina web específica, www.degusta.turismodesanxenxo.com. Aquí, poden atopar toda a información coma o nome dos establecementos participantes, os menús que ofrecen e o contacto para facela reserva. Tamén teñen a opción de facer tarxetas agasallo.

Tamén poderán atopalos folletos con toda a información nas oficinas de turismo do concello e nos establecementos hoteleiros do municipio.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?