Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Especial Eleccións municipais 2011 arrow 'Somos a única formación con programa e con equipo'
 
 
'Somos a única formación con programa e con equipo'
Xoves, 19 Maio 2011

pp_vilagarcia_balancecopy.jpgVILAGARCÍA> Estas eran as palabras do candidato popular, Tomás Fole. Criticou, ademais, a xestión do concello e a labor do PSOE nesta campaña.

A tres días das eleccións municipais, o candidato popular, Tomás Fole, fixo, esta mañá, unha valoración da súa campaña electoral e dos resultados que esperan obter.

Desde a súa perspectiva, a súa formación fixo unha boa oposición, construtiva e de fiscalización. Pola contra, criticou tanto a xestión que están realizando desde o concello coma o programa do Partido Socialista.

Tamén tivo palabras para Esquerda Unidade e para o BNG. No primeiro caso considerou que presentaron un programa pantasma e no caso dos nacionalistas destacou a ausencia de propostas. Con todo, manifestou que son a única formación con programa e con equipo.

Mañá, celebrarán o último acto de partido en Carril.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?