|
Falece o delegado do Cambados nun accidente de tráfico |
|
Sábado, 21 Maio 2011 |
VILANOVA> Ramón Fontán circulaba polo vial coa súa motocicleta en dirección a Vilagarcía, cando foi arrollado por un turismo marca Hiunday.
O delegado do club de fútbol Xuventude de Cambados faleceu onte nun accidente de tráfico que se produciu pouco despois das 8 da tarde na Vía Rápida.
Ramón Fontán circulaba polo vial coa súa motocicleta en dirección a Vilagarcía, cando foi arrollado por un turismo marca Hiunday.
Debido ó forte impacto ambos vehículos resultaron seriamente danados e o corpo do falecido, que morreu no acto, foi desprazado varios metros. O condutor do turismo deu positivo no control de alcoholemia e o vehículo circulaba sen seguro.
Tanto o condutor do turismo coma a súa acompañante eran de Vilanova de Arousa, e ambos resultaron ilesos.
A rotura do sistema hidráulico de frenada do automóbil fixo que se vertera líquido por toda a calzada polo que este tramo da Vía Rápida entre Vilagarcía e Vilanova tivo que ser cortado durante máis de dúas horas para evitar que se produciran outros accidentes. Protección Civil de Vilanova precisou 1700 litros de auga para limpar o líquido de frenos da vía, e poder reabrila ó tráfico.
Redacción Salnés
|