Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow IVIL e BNG apoian os orzamentos do goberno vilagarcián
 
 
IVIL e BNG apoian os orzamentos do goberno vilagarcián Imprimir Correo electrónico
Venres, 31 Marzo 2006

VILAGARCÍA > Tras case catro horas de debate, a corporación de Vilagarcía de Arousa aprobou os seus orzamentos de 2.006 cos votos a favor de Ivil e de BNG. Precisamente a gran sorpresa deste pleno foi o apoio dos nacionalistas despois de que o grupo de goberno admitise a súa enmenda, entre a que se atopaba unha vella demanda do BNG Vilagarcián, crear unha comisión editorial que controle o traballo dos medios de comunicación municipais.

Tras case catro horas de debate, máis dun saiu moi satisfeito. E é que despois de moitos anos de contar únicamente co apoio de IVIL, o PSOE foi quen de acadar tamén o do BNG. A sesión comezaba xa cunhas formas moi diferentes ás dous últimos debates plenarios. O alcalde agradecía a boa disposición de tódolos grupos a dialogar. De todos excepto do PP.  O rexedor quixo trasladar este bo entendemento ó concelleiro de Esquerda Unida que a pesares de louba-lo cambio de actitude do goberno local asegurou non poder aprobar uns orzamentos que tamén lle valían a Ivil.
O concelleiro de Esquerda Unida insistiu na necesidade de aumenta-lo gasto social, sobre todo destinado ós máis desfavorecidos, e de evita-la dependencia da construcción que ten o concello.
A intervención do PP foi a máis agria da sesión. Os enfrentamentos entre o alcalde e Fole foron constantes, e ante a falla dunha enmenda ou un documento do PP para poder debater sobre cuestións concretas relativas a un orzamento, o debate foise cara terreos máis partidistas. Segundo o goberno local, o PP está máis centrado nos seus problemas internos que nos de tódolos vilagarciáns. Fole admitiu que están en plena reestructuración, precisamente onte tomaron posesión os edís que sustitúen ós tres dimisionarios, pero asegurou que o goberno local debería mirar máis ó seu propio partido, que non está axudando nada a Vilagarcía, nin dende a Xunta nin dende o goberno central.
O voceiro de Ivil se limitou a recordar que o goberno local admitira a súa enmenda polo que xa contaba co seu apoio para aproba-las contas. Aínda así, Rivera Mallo insistiu no excesivo gasto, sobre todo no que supón algunha concellería liberada.
Anque quizais a gran sorpresa foi que o goberno local apoiase a enmenda do BNG, na que, entroutras peticións, se incluía a de crear unha comisión editorial de medios de comunicación municipais.
Ésta era unha vella demanda do BNG que, con algunha diferencia, xa plantexara no 2003 a través dunha moción que nin sequera fora a pleno e que provocara un dos maiores enfrentamentos entre BNG e PSOE. Esta vez foi admitida xunto con outras propostas tanto no terreo de obras, como no referente ó funcionamento de diversos órganos municipais. Unha boa sintonía que constata a influencia do goberno bipartito da Xunta e a cercanía das eleccións municipais.
Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg