| Miguel Pérez recupera o bastón de mando no Grove |
| Sábado, 11 Xuño 2011 | |
|
O GROVE> Non houbo sorpresas. O PP recuperou a alcaldía do Grove logo de asinar onte un acordo de goberno con Partido Galeguista Demócrata e Alternativa Meca. Con nove votos, Miguel Ángel Pérez foi investido alcalde e logo de recibir o bastón de mando, agradeceu a labor do goberno saínte e prometía traballar con ambición a pesar de estar en tempos de crise. Xa como membro da oposición, o socialista José Antonio Cacabelos, manifestou que lle dará un marxe de confianza ó novo goberno. Pero o acordo de PP, PGD e AMeca é considerado polo ex alcalde como un goberno falaz que durará pouco. Tamén houbo críticas para o propio pleno de investidura. O secretario municipal optou por facer primeiro a votación do candidato coa lista máis votada. E ó ter esta xa os 9 apoios necesarios para a maioría absoluta deu por concluído o proceso e pasou á investidura. O PSOE ía contar co apoio de EU e o BNG íase votar a si mesmo, pero isto non se puido ver no pleno. Redacción Salnés |


