Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 
  • canal rias baixas
  • canal rias baixas
O nacionalista Carlos Otero sae escoltado tras apoiar ó PSOE Imprimir Correo electrónico
Sábado, 11 Xuño 2011

A ILLA> A tensión calada que había na Illa de Arousa tralo anuncio do BNG de apoiar ó PSOE rebentou hoxe no pleno de investidura.

Os simpatizantes do PP, cos seus berros en contra do único edil electo do BNG, Carlos Otero, foron os protagonistas da sesión. Vendido, foi dos insultos máis suaves que lle dedicaron ó concelleiro logo de levantar a man xunto ós edís do PSOE na votación a favor de Manuel Vázquez.

Tivo que intervir a Policía Local para desaloxar ós veciños máis exaltados. Carlos Otero esperou ata que se despexou o salón de plenos pero optou por saír pola porta principal. Fóra esperáballe outra marea de insultos e tivo que ser escoltado por varios axentes. Os veciños indignados seguiron ó edil nacionalista por toda a rúa e mesmo o convidaron a marcharse do pobo.

A decisión do BNG permite ó socialista Manuel Vázquez, quen xa leva 11 anos de alcalde, volver a ter o bastón de mando no municipio da Illa. O PP logrou o 22 de maio ser a lista máis votada, polo que aspiraba por primeira vez, a gobernar o municipio.

Redacción Salnés

 


 
DEPORTES

btt copia.jpg RIBADUMIA> De seguir este ritmo, os organizadores calculan que de aquí ó 30 de maio -cando pecha o prazo para anotarse- o volume de participantes podería chegar a dobrarse e acadar os oitocentos. A competición será o 3 de xuño.

 
CANAL ENCE: Queremos que nos coñezas

 
tv á carta
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif

¿ Como sintonizarnos en TDT ?