|
O PP celebra uns datos históricos con 47 municipios baixo o seu dominio |
|
Luns, 13 Xuño 2011 |
|
PONTEVEDRA> Na provincia acadaron os mellores resultados de toda Galicia, cun 75,8% das alcaldías. O PP gobernará con maioría absoluta en 36 concellos.
Os populares acadan na provincia de Pontevedra os mellores resultados de toda Galicia, conseguindo un 75,8% das alcaldías. O PP gobernará con maioría absoluta en 36 concellos.
Por outra banda, os populares gobernarán 11 dos 16 concellos nos que foi a forza máis votada en minoría ou mediante pactos. Estes son os casos de Sanxenxo e O Grove, que recibiron especial mención de Rafael Louzán.
Louzán tamén salientou os resultados na comarca de Caldas. Os populares conseguiron as alcaldías de Cuntis e Moraña. María Luisa Piñeiro e Antonio Pena gobernarán en minoría os vindeiros catro anos, rompendo cos trinta anos de rexedores socialistas.
Sobre os nomes dos deputados provinciais populares polo partido xudicial de Pontevedra, Louzán asegurou que a formación manterá hoxe ou mañá unha xuntanza para escoller os catro membros do partido que ocuparán eses postos.
Redacción Salnés
|