|
Aparatosa colisión en Vilaxoán |
|
|
|
Mércores, 05 Abril 2006 |
|
VILAGARCÍA > Un despiste, puido ser a causa do sinistro que poden ver. Ocorría en Vilaxoán a cen metros da rotonda do Rial, en dirección a Vilagarcía. Segundo informou a agrupación local de protección civil, un turismo marca BMW con matrícula 9390 DKY saíuse da estrada, colleu unha zona de barro na cuneta e acabou colisionando contra unha pedra. Co impacto o vehículo deu unha volta de campá. A pesar do aparatoso do accidente, a conductora do turismo resultou ferida leve. No lugar do sinistro estivo persoal da policía local de Vilagarcía e do servizo de urxencias do 061.
Redacción Salnés |